Galería

Xulio Ferreiro: “Conseguiriamos moitos beneficios se os tres concellos con aeroporto negociásemos de forma conxunta coas aeroliñas”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, manifestou este venres a importancia de que todos os concellos galegos con aeroporto se coordinen e “falen xuntos coas aeroliñas”. “Desta forma, creo que conseguiriamos moitos máis beneficios”, explicou o rexedor. “Temos claro que é moi necesario potenciar a Alvedro, xa que é bo para a cidadanía, trae turistas e axuda ao desenvolvemento económico. Ter liñas e ter destinos é
unha prioridade, pero á vez hai que destacar que xa fomos capaces de rebaixar o custe dos convenios coas compañías”, indicou, a preguntas dos xornalistas. “Está claro que, aínda que temos que actuar de forma coordinada, cada un defenderá tamén os seus intereses, pero todas as partes teñen claro que a coordinación é primordial”, dixo o rexedor, quen subliñou que “sería importante que quen fai certas manifestacións dende o PP local fale coa Xunta e co Ministerio de Fomento para que se poñan de acordo”.

Por outro lado, Ferreiro aclarou que, polo momento, non se produciu ningún encontro dentro do Comité de Rutas para tratar o tema da cooperación aeroportuaria. “Nós mantemos unha serie de conversas bilaterais co Concello de Santiago, igual que con moitos outros municipios, cos que falamos de temas que nos son comúns, como é o caso dos aeroportos”, comentou.

Por outro lado, e preguntado acerca da decisión da Xunta de reducir os representantes do Concello da Coruña no consello de administración da Autoridade Portuaria para dar entrada ao alcalde de Arteixo, Ferreiro manifestou: “É lexítimo que Arteixo teña un representante da Autoridade Portuaira, debido á ubicación do Porto Exterior, pero que iso se faga a costa do Concello da Coruña, e xusto cando acaba de producirse un cambio de Goberno é significativo. Novamente hai que lamentar que se utilice a unha administración para facer política partidiaria. Pensemos en se se tería tomado a mesma decisión se non se houbese producido un cambio de goberno na cidade”.

Por último, o rexedor tamén foi preguntado polo estado das conversas cos grupos da
oposición polo modificativo de crédito, que foi tombado no último pleno cos votos en contra de PSOE e PP. “Seguimos en conversas con grupo socialista, aínda que semella que segue enrocado na mesma situación na que saímos do Pleno. Intentaremos desbloquear a situación, pero se non se chega pronto a un acordo haberá que deixalo para o seguinte ano”, comentou.

Aínda así, Ferreiro explicou que o Concello da Coruña, grazas a os últimos movementos levados a cabo polo Goberno local, non sobrepasará o prazo de 60 días no Período Medio de Pago (PMP). “Pasar desa cifra suporía un risco para a Administración, pero entendemos que non a superaremos xa que tomamos as medidas oportunas, como a operación de tesourería que puxemos en marcha e o ingreso, esta mesma semana, dunha partida procedente de Emalcsa”. Non obstante, o alcalde recordou a necesidade de “traballar para favorecer á cidadanía”. “Sacar o modificativo adiante este ano é necesario para poder pagar as facturas que deixou o Goberno anterior sen ter que esperar a 2016”, engadiu.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s