Galería

Case 100 deportistas percorrerán a nado mañá o litoral coruñés na VIII Travesía Coruña 10.000

Mañá  disputarase a VIII edición da Travesía Coruña 10.000, a proba de natación de longa distancia organizada polo Concello da Coruña e co Club Natación Coruña. A competición, que destaca pola beleza do entorno e a dificultade na súa execución, partirá da praia do Orzán até chegar á Dársena da Mariña, ofrecendo un percorrido de dez quilómetros polo perímetro marítimo da cidade. Até 94 deportistas asumirán o
reto de nadar en mar aberto a finais do mes de setembro.

A nova edición da Coruña 10.000 partirá da Enseada do Orzán. As e os participantes tomarán a saída desde as 9.30 horas da mañá sucesivamente en tres grupos diferenciados, segundo os tempos realizados nunha proba individual, e nadarán nas augas atlánticas tendo como referencia as distintas balizas situadas en Baixo Pereiro, Baixo Boi, Punta Herminia, Punta Pragueira, Enseada de San Amaro (onde terán o avituallamento), Dique de Abrigo, Castelo de San Antón, Martelo e a meta, a Rampla da Dársena da Mariña. O peche da competición será ás 13.30, catro horas contadas desde a orde de saída do xuíz árbitro do primeiro grupo. As e os nadadores que non superen a baliza Martelo neses intres, serán subidos ás embarcacións de apoio.

A Concellería de Deportes, como é habitual nesta competición, despregará un dispositivo especial para asegurar o bo desenvolvemento da proba e contará coa colaboración de entidades e institucións como Au toridade Portuaria, Capitanía Marítima, Garda Civil do Mar, Asociación de Amigos Juan de Lángara, Club de Pesca Deportiva Salmo, Club do Mar de San Amaro, Club Marítimo de Oza.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Deportes

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s