Galería

Os Museos Científicos abren o prazo de inscrición para as novas sesións de “Merendas no Aquarium Finisterrae”

Os Museos Científicos Coruñeses abren este luns, 28 de setembro, o prazo de inscrición para as “Merendas no Aquarium Finisterrae”, actividade consistente
nun obradoiro e unha pequena merenda de chocolate con churros na cantina do acuario. Os encontros, que comezarán o 3 de outubro, terán lugar os sábados e domingos ás 16.45 horas. Nesta primeira sesión, as e os máis pequenos participarán nun obradoiro sobre cefalópodos e reciclaxe, no que aprenderán sobre estes animais mariños e crearán polbos e luras con materiais de refugallo.

As e os menores de maior idade, pola súa banda, realizarán un taller de g yotaku , unha técnica de impresión para xerar un monotipo (gravado de impresión única) usando un peixe como matriz. Para participar nas “Merendas do Aquarium” é necesario reservar praza e aboar unha entrada reducida de 4 euros, coa que recibirá unha invitación para merendar. A inscrición pode facerse desde as 8.30 horas do luns, 28 de setembro, no teléfono 981 189 842. Esta actividade é gratuíta para as nenas e nenos socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para titulares da
Tarxeta Vente dos Museos Científicos Coruñeses.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s