Galería

Silvia Cameán: “É necesaria unha alianza entre concellos para esixir á Xunta que reverta os recortes en servizos sociais”

26-09-15 SILVIA CAMEÁN-CONCHA FERNÁNDEZ

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, mantivo este venres unha xuntanza de traballo coa súa homóloga en Santiago de Compostela, Concha Fernández, que serviu como unha primeira toma de contacto de cara a establecer unha “rede
de colaboración para artellar unha alianza coa que esixir á Xunta de Galicia que reverta os recortes en servizos sociais”.

Na reunión, que se desenvolveu nun clima cordial, as dúas edís analizaron a posibilidade de establecer colaboracións “para mellorar os servizos de ambos concellos”. “Trátase de traballo en rede. Buscamos colaboracións que nos permitan mellorar os nosos servizos, retroalimentándonos das nosas propias experiencias municipais, xa que o que funciona nun concello, pode non facelo noutro, e ao revés”.

Entre outras cuestións, durante a reunión, tanto Caméan como Fernández abordaron temas como o estado dos plans municipais de emerxencia social ou como “reformular o sistema de servizos sociais para que ofreza maiores salidas aos problemas da cidadanía”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s