Galería

María do Ceo enche de fados o Teatro Colón

A fadista María do Ceo trae ao Teatro Colón ‘Fado Minhoto e outras músicas’, un concerto co que celebra os seus vinte anos na canción e os seus once discos editados. A programación complétase coa actuación do actor Pablo Chiapella o sábado 3 e o espectáculo de danza‘Iberdanza’ o domingo 4 ás 19:00 horas.

María do Ceo é fado en estado puro, dotada dunha calidades vocais excepcionais traspasa os límites do escenario para levarnos á profundidade da alma a través da paixón e a emoción do fado. Cunha sólida carreira internacional foi recoñecida e condecorada como embaixadora da cultura galega no mundo. En 2001 foi convidada a participar no Coliseo de Lisboa nunha homenaxe póstuma a Amalia Rodrígues, a persoa que máis influíu no seu xeito de cantar.

A intérprete transportaranos coa súa marabillosa voz a un lugar dende o que observar a identidade cultural Luso-Galaica a través da melancolía, dozura, paixón e tenrura que transmite esta artista que chegaron a definir como: ‘corpo de muller, alma de fado’.

Un repaso pola traxectoria dunha das compañías de danza máis admiradas e premiadas

A programación da fin de semana complétase coa actuación o sábado 3 ás 20:30 horas do humorista Pablo Chiapella. O actor, coñecido do gran público polo seu papel protagonista na serie ‘La que se avecina’ presenta o espectáculo: ‘Sí, soy el señor’. O domingo 4 ás 19.00 horas a compañía Ibérica de Danza presenta o espectáculo ‘Iberdanza’, unha selección de coreografías de ‘Ibérica, 20 años en danza’, que no 2013 estivo nomeado a 5 Premios MAX.

Manuel Segovia – Premio Nacional de Danza á Creación 2001 e Premio Villa de Madrid á Coreografía 2004- e Violeta Ruíz del Valle crearon en 1993 a compañía Ibérica de Danza, caracterizada pola investigación, defensa e recreación do patrimonio cultural español. En‘Iberdanza’ sete bailaríns interpretan un amplo abano de ritmos e melodías de grandes músicos internacionais como Eliseo Parra, Javier Paxariño ou Radio Tarifa inspirados nos diferentes estilos da danza española estilizada, dende o folk ao flamenco.

Aproveitando a súa estadía na Coruña Manuel Segovia impartirá unha masterclass no Teatro Colón o sábado 3 de outubro de 11:30 a 13:00 horas. As persoas interesadas en inscribirse poden dirixirse ao Teatro Colón e informarse a través do 981 223 258 ou do correo electrónico:produccion@teatrocolon.es. O prezo da masterclass é de 15 €, aquelas persoas que teñan entrada para ver o espectáculo o domingo poderán acceder gratuitamente.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s