Galería

O Goberno municipal amosa o seu apoio ao persoal de Vodafone e solicita á empresa que manteña os postos de traballo

20150928 ALCALDE- COMITÉ DE EMPRESA DE VODAFONE

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, mantiveron na mañá de hoxe unha reunión con representantes do persoal de Vodafone na Coruña. No encontro o edil manifestou o apoio do Goberno local ás traballadoras e traballadores da empresa na cidade, e solicitou á empresa “que faga todos os esforzos posibles por manter un ben tan valioso e escaso, neste contexto actual de crise económica, como é o emprego”.

Vodafone está en disposición de aplicar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) en todo o Estado que orixinaría a redución do persoal en Galicia até un 40% en dous anos. “Os despidos no caso da Coruña non teñen obxecto xa que o persoal está sufrindo un ERE extintivo por razóns organizativas xustificado pola absorción de ONO,” explicou o concelleiro, “e ONO non ten implantación na cidade”. Alberto Lema amouse crítico coa “praxe de externalización de servizos” feita pola empresa “que conleva á precarización do emprego”, e solicitou a empresa que manteña os
postos de traballo.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s