Galería

José Manuel Sande cualifica Somos Mar como unha mostra “apoiada na vangarda e na creación local”

20150930 JOSÉ MANUEL SANDE- MAR DE MARES 2

O Concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a mostra “Somos Mar” na sala de exposicións de Palexco. A exhibición, enmarcada no Festival Mar de Mares é un traballo que xira arredor do mar realizado por oito artistas de Galicia e que tivo lugar durante unha semana a través dunha residencia nas instalacións. O edil destacou a mostra como “aberta, apoiada na vangarda e creación local”, facendo fincapé no “proceso participativo” da exhibición “a través do encontroobradoiro co público” nos últimos sete días.

Susana Sanromán, Alejandra Sampedro, Nando Lestón, Sekone, Sara Coleman, Sandra M.G, María José Arceo e Félix Fernández amosarán até o 29 de novembro creacións realizadas desde o pasado mércores na mesma sala co mar como denominador común. “Esta exposición é coma un pequeno mar creativo que naceu dentro das paredes de Palexco”, destacou Luis Cousillas, o coordinador da mostra, quen explicou que un dos obxectivos da organización “foi rachar coas fronteiras entre o público e artistas”, xa que a veciñanza puido “falar, preguntar e colaborar nas obras do grupo”.

Na presentación de S omos Mar o concelleiro de Culturas tamén adiantou que a exposición contará cunha programación paralela, “lúdica e didáctica”, que se desenvolverá desde hoxe e até o domingo, 4 de outubro. C elebra Somos Mar é unha serie de encontros “que amosan a idea do mar vinculado á cidade”, sinalou Sande. Artistas como Xurxo Souto, Aldaolado ou Celso Sanmartín presentarán “proxectos vinculados á tradición oral, á perspectiva poética e literaria e da creación próxima ao mar”, afirmou o responsable de Culturas, ademais de achegar á cidadanía o traballo de
redeiras e mariscadoras ou de Hábitat Social, “un colectivo de intervención cartográfica e física na cidade”. Esta vinculación entre as e os integrantes dos encontros “é a liña que define o Festival Mar de Mares”, explicou o concelleiro, “unha combinación estimulante de actividades que comprende as interaccións do mundo de hoxe e vai máis aló do feito creativo”.

Os encontros C elebra Somos Mar terán lugar no mesmo espazo expositivo todos os días ás 20.00 horas. O colectivo Hábitat Social presentará esta mesma tarde o proxecto Coruña (sub)mariña, unha cartografía mariñeira física e virtual da cidade con lugares representativos pola súa vinculación ao mar. O xoves, 1 de outubro, Celso Sanmartín presentará a súa obra “Casa do mar”, unha narración oral. Na tarde do venres María Lado e Lucía Aldao, Aldaolado, presentarán unha versión mariñeira
do seu espectáculo Sempre en Ibiza no que misturan poesía, música e humor. O sábado, 3 de outubro o músico Xurxo Souto, a mariscadora Lola Bermúdez e a redeira Rosa Rodríguez falarán do traballo no mar. Celebra Somos Mar pechará a programación cun concerto da banda 2US, formada por integrantes de Os Crebinski, o domingo 4 de outubro.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s