Galería

O alcalde chama aos grupos municipais a manter os criterios de “independencia e rigor técnico” na renovación dos membros do TEAM

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, remitiu hoxe mércores unha carta aos voceiros dos tres grupos da oposición da Corporación municipal na que advirte da necesidade “de adoptar medidas urxentes” na dotación de membros de Tribunal Económico
Administrativo Municipal (TEAM) e onde chama aos partidos con representación municipal a manter os criterios de “competencia técnica, celeridade e independencia” na elección da nova composición do tribunal. “Non podo asumir de cara á veciñanza a sospeita de rebaixar a independencia e o rigor técnico do Tribunal someténdoo a unha sombra de presión partidaria que rebaixe a súa sona e credibilidade”, sinala no escrito o rexedor, que salienta que a aplicación ata agora deses criterios por parte do Concello valeulle ao Tribunal a adquisición “dun notorio prestixio” e “un claro éxito”.

Como explica a misiva, o TEAM atópase “ao límite da súa capacidade de actuación”, despois da xubilación dun dos seus vogais e o falecemento doutra, unha circunstancia que está a piques de causar a súa paralización, “con incidencia en funcións administrativas esenciais e obrigatorias cara á cidadanía”, expón o alcalde. “Baseémonos unicamente no prestixio e na traxectoria dos perfís dos candidatos e evitemos crear confusión entre a lexítima acción política e a necesaria independencia e obxectividade dos órganos administrativos”, demándalles o alcalde aos grupos da oposición municipal.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s