Galería

O alcalde da Coruña amosa a súa aposta “polo orgullo da cidade que son os seus bombeiros e pola colaboración con outros servizos de emerxencia”

20150930 ALCALDE- XORNADAS BOMBEIROS 1 (1)

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, amosou este mércores a aposta decidida do Concello por “un dos orgullos da cidade”, o seu Servizo de Bombeiros, así como pola necesidade de artellar “respostas integrais nas intervencións”, é dicir, “favorecer a colaboración con outros servizos de emerxencia” de toda a Comunidade.

Así o manifestou o rexedor na súa participación na I Xornada Técnica sobre do Futuro dos Bombeiros Profesionais, un acto enmarcado dentro da X Semana da Prevención e ao que asistiron máis de 160 profesionais dos servizos de bombeiros de todo o Estado español (entre os poñentes estaba María Belón, sobrevivinte do tsunami de Tailandia). No evento interviron tamén Carlos García Touriñán, coordinador de Seguridade Cidadá do Concello da Coruña; Carlos Novillo, director xeral de Protección Cidadá da Comunidade de Madrid, e Pablo Muñoz, presidente da Fundación Fuego e xefe do Servizo de Bombeiros e Protección Civil do Concello de Cuenca.

“O Concello aposta polo Servizo de Bombeiros e o seu futuro: estase traballando moito na prevención, e se aposta pola especialización, como ocorre co caso do Grupo de Rescate Acuático, que independentemente da súa recente posta en funcionamento xa demostrou a súa valía en diversas actuacións”, destacou o mandatario local. Ferreiro tamén quixo subliñar as boas marxes de seguridade dos profesionais deste campo que traballan pola cidadanía coruñesa. “No 26,5%, o Servizo de Bombeiros da Coruña chega ás intervencións en menos de cinco minutos, e ao 70% en menos de sete minutos. Ademais, o 60% dos casos soluciónanse en menos de 45 minutos”, comentou. “Pero do que nos sentimos moi orgullosos é do traballo cos máis pequenos, xa que atenden a 3.793 alumnos e máis de 140 centros escolares”, engadiu o rexedor, que fixo fincapé “nas máis de 3.500 horas dedicadas á prevención”.

Ao longo da súa intervención, Ferreiro insistiu na necesidade de tecer pontes entre os
servizos de emerxencias de toda a Comunidade, na busca dunha resposta integral. “O bo facer e referencialidade dos bombeiros da Coruña non resulta incompatible coa súa constante actualización. Non hai espazo para as rendas nin para acomodarse. O seu obxectivo é o de seguir mellorando. E facelo sempre dun xeito que este alcalde saúda de xeito moi especial: en rede, cooperando, compartindo experiencias e coñecemento. Así debería afrontarse o servizo público a todos os niveis, como é a aposta deste Concello”, explicou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s