Galería

O alcalde da Coruña pide ao empresariado “remar en función dos intereses colectivos”, na presentación en María Pita do Congreso de Directivos CEDE

30-09-15 ALCALDE-CONGRESO CEDE

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, pediu este mércores ao sector empresarial “un compromiso coas dificultades da xente que é, á vez, unha forma de conexión coa sociedade que tamén se transforma en beneficio para as súas empresas”. Así o manifestou, no Pazo de María Pita, na presentación do Congreso de Directivos CEDE (Confederación Española de Directivos y Ejecutivos), que se desenvolverá entre os días 5 e 6 de outubro, e que achegará á cidade a máis de 1.000 directivos procedentes de todo o mundo, así como a destacados persoeiros da vida económica e política.

“Tratase dun evento de primeira liña que insiste  nun concepto que este concello considera irrenunciable: o da Coruña como cidade de vangarda, cidade activa e referencial e cidade na que se debate, na que se comparten ideas e na que a participación e a opinión dos distintos sectores, en pé de igualdade, constrúe un tecido cidadá plural que ten no benestar o seu principal obxectivo”, declarou o alcalde. “Unha cidade, un país, un estado mellor, onde todos rememos en función dos intereses colectivos axuda a todos e a todas, polo que seguro que neste Congreso, máis alá de cuestións máis propias da actividade das persoas que reúne á CEDE, se tratará esa actitude social e comunitaria que debe estar á altura dos tempos e que, á vez, dote de maior impulso á actividade empresarial”, manifestou.

“A Coruña séntese orgullosa de poder acoller un evento deste nivel, e se sentirá aínda máis orgullosa dos beneficios sociais que a nivel global saian do saber compartido que esta cidade acollerá grazas ao Congreso de CEDE”, indicou.

Pola súa banda, Ramón Adell, vicepresidente de CEDE, destacou que “o próximo 6 de outubro, A Coruña converterase na capital dos directivos de toda España”, á vez que fixo fincapé na “facilidades e hospitalidade recibida por parte da cidade”. “O aforo para poder participar neste acto está xa completo, o que nos chea de satisfacción”,indicou. “Queremos que este sexa o congreso do pluralismo e a responsabilidade xa que, quizais dende 2007, este sexa o primeiro evento no que parece que comeza a albiscarse a luz ao final do túnel, e existen indicadores de recuperación económica. Por iso, neste momento, e cando maior ten que ser a responsabilidade por parte do empresariado e dos directivos, para crear  emprego, con máis empresas e máis traballadores”, declarou. O empresario tamén  que un dos obxectivos do CEDE neste Congreso é poñer en valor aoas mozos e  estudantes, que deben afrontar o inicio da súa carreira profesional. “Hai que contribuir e  de solucionar os problemas sociais e económicos”, indicou, á vez que anunciou que, de forma paralela á xornada de directivos, entre os días 5 e 6 terá lugar un encontro de mozos e mozas denominado Talento en Crecimiento. (Máis información sobre o Congreso e os seus participantes en http://www.congresodirectivos.com )

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s