Galería

O Concello chega a un acordo con Fomento para que repoboe a avenida de Salgado Torres co triplo das árbores que se corten polas obras

A Concellería de Medio Ambiente chegou a un acordo co Ministerio de Fomento para reducir o impacto das obras que o Goberno central desenvolve na avenida de Salgado Torres sobre o espazo verde ao que afectan e, en concreto, a unha masa de bidueiros duns 30 anos. Ante a imposibilidade de evitar a totalidade da corta prevista na vía polo
avanzado dos traballos, o Concello solicitou o redeseño da obra da rotonda e a modificación dos muros de contención do proxecto, para minimizar a eliminación de árbores e poder seguir contando cunha pantalla vexetal que separe a avenida das vivendas. Do mesmo xeito, o Goberno local acordou con Fomento que as árbores que teñan que ser cortadas no curso dos traballos sexan repostas con tres veces máis exemplares.

A actuación enmárcase na liña de naturalización urbana, protección do arborado e fomento da biodiversidade urbana que impulsa o departamento municipal de Medio Ambiente, co fin de facer unha cidade máis natural, sustentable e sa para toda a cidadanía. Nesa mesma liña, e ante a preocupación do Concello por que non se teña en conta a masa vexetal á hora de desenvolver os proxectos, a concellería está a elaborar unha circular con instrucións para as obras públicas que afecten ás zonas verdes, dirixida a minimizar o seu impacto nos espazos que se poidan ver afectados.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s