Galería

Xulio Ferreiro sinala a colaboración coa área metropolitana como “unha prioridade” do Goberno municipal

O alcalde da Coruña. Xulio Ferreiro, reiterou este mércores a aposta do Concello pola área metropolitana. “Para nós sempre foi prioritario atendela e, polo tanto, tamén o é buscar unha fórmula para que a cidade poida estar nunha mancomunidade nun futuro máis ou menos próximo”, indicou o rexedor, a preguntas dos medios, unha vez rematada en María Pita a presentación do Congreso CEDE.

“O que tamén é certo, e lle comuniquei aos alcaldes da contorna desde o primeiro día, é que o encaixe da Coruña na mancomunidade, tal e como está pensando ese organismo nestes momentos, é complicado, debido a que está ideado para concellos relativamente homoxéneos en canto a poboación”, explicou o primeiro edil da Coruña. “O que lles trasladamos dende o Concello é que, tendo en conta que eles teñen que constituír a mancomunidade antes de final de ano, se centren nese obxectivo. Despois, trataremos a incorporación da Coruña á mesma. Aínda así, queremos recalcar que a prioridade política non mudou en ningún momento”, indicou. “Neste momentos hai concellos que teñen un peso demográfico bastante homoxéneo, e a toma de decisións da mancomunidade está repartida, pero incorporar a unha cidade con 250.000 habitantes xera unha serie de situacións que hai que estudar”, opinou.

Ferreiro destacou a “boa sintonía” que mantén cos rexedores da contorna, ademais dos acordos comúns acadados en relación a determinados temas que afectan a todos os concellos, como é o caso da situación da Ría do Burgo. “Creo que somos capaces de distinguir as siglas ás que un pertence, e de darnos conta que os intereses dos nosos veciños e veciñas son comúns para moitas cousas”, dixo. “Creo que a área metropolitana debe ir xunta nas decisións relevantes”, manifestou, á vez que engadiu que “todo o que sexa intentar recuperar servizos públicos para a xestión municipal é positivo”.

Por outra parte, o alcalde declarou que o Concello ampliou até o día 6 de outubro o prazo de inscrición para a carreira Coruña10 e que, todo o que atinxe a este tipo de probas está a ser analizado. De feito, hoxe mesmo houbo unha reunión ao respecto na Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, co obxectivo de impulsar este tipo de probas na cidade.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s