Galería

O Concello cede unha vivenda municipal á veciña de Eirís que foi desafiuzada esta mañá

O Concello da Coruña axilizou os trámites para poder poñer a disposición da veciña de Eirís que foi desafiuzada do seu fogar esta mañá unha vivenda municipal. A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, explica que o Goberno local “puido solucionar rapidamente a situación na que se encontra esta cidadá, polo menos de forma temporal”. A edil destaca que a intención da administración local é ceder de forma temporal a esta muller unha vivenda do seu parque, ante a imposibilidade da mesma de poder acceder a outro inmoble, activou unha “resolución de vivenda municipal para un caso de extrema urxencia”. “Xa se puxo en marcha unha instrución interna co que, ao logo da xornada de hoxe, teremos xa unha vivenda a disposición desta veciña, e estamos en disposición de activar o servizo de mudanza, para  poder levar os seus enseres á nova ubicación que se lle ofrece”, comenta a edil.

“Axilizamos un proceso extraordinario por vía de urxencia debido á situación desta veciña. O
importante é que, cando menos, xa puidemos solucionar o principal problema neste momento, que
era garantir o acceso a unha vivenda”, indicou Cameán.

Neste caso, o lanzamento que tivo lugar a mañá deste xoves en Eirís non se produxo a instancias
dunha entidade financeira, senón debido á débeda que a veciña mantén cun prestamista. Con todo, a
concelleira Cameán aproveitou para facer un chamado ás institucións públicas e privadas que se
comprometeron co Concello a estudar a posibilidade de ceder as súas vivendas baleiras para que estas poidan logo ser destinadas a axudar a persoas con problemas de habitabilidade ou en risco de
exclusión social. “Hai que recordarlles os seus compromisos, co obxectivo de que se materialicen. É
necesario ter a nosa disposición o maior número de recursos posibles para poder dar unha
alternativa aos veciños e veciñas que sofren estes problemas”, indicou a concelleira.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s