Galería

O Fórum Metropolitano acolle a exposición das fotografías do concurso Viaxarte 2015

20151001 CLAUDIA DELSO- VIAXARTE

A sala Plataforma14, o espazo para artistas emerxentes do Fórum Metropolitano acolle desde hoxe, e até o día 17, a exposición colectiva da XII edición do concurso de fotografías Viaxarte. A Concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, inaugurou esta mañá a mostra que propón un percorrido por lugares diversos, emblemáticos e descoñecidos plasmando a experiencia viaxeira desde “a mirada da xente moza ao mundo que nos rodea”. O concurso, organizado polo Centro Municipal de Información Xuvenil, “permite visibilizar”, segundo a responsable municipal, “un dos servizos que ten o CMIX: unha asesoría especializada sobre turismo e mobilidade xuvenil”. A concelleira tamén fixo fincapé que nesta edición aumentou considerablemente a participación no concurso. “Este ano enviaron os seus traballos máis de 130 persoas, 50 máis que o ano pasado”, apuntou.

Na exposición atópanse os traballos gañadores do concurso deste ano, a fotografía B lurma , de
Andrés Álvarez Martín, e a serie U n planeta chamado Islandia , de Alba Roca Galán. Os criterios de
selección empregados polo xurado para escoller os traballos gañadores foron a capacidade de
evocación da viaxe, a proposta expresiva e a corrección técnica. O premio será unha viaxe por
Europa e a edición das mesmas, xunto a unha selección das presentadas ao concurso, nun catálogo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s