Galería

O Teatro Colón pon en marcha o ciclo Xoves de Música para apoiar aos grupos locais

Foto_XovesdeMusica

O Teatro Colón pon en marcha coa colaboración de Superbock un ciclo de música para apoiar os grupos locais. De corte variado e ecléctico Xoves de Música desenvolverase durante un xoves ao mes de novembro de 2015 a abril de 2016 e inclúe propostas que van de jazz, rock suave ou salsa. As entradas, dependendo da zona e do concerto, teñen un prezo de entre 7 e 18 euros.

Conscientes de que no noso entorno hai unha boa canteira de músicos que destacan pola calidade das súas propostas, queremos ofrecer un espazo para que poidan dar a coñecer os seus traballos e servir como plataforma para darlles visibilidade. Por outro lado a intención do ciclo é abrir vías de colaboración e intercambio de experiencias entre os grupos locais, e entre eles e grupos foráneos, de xeito que se poidan xerar sinerxías e redes que revertan positivamente na situación dos músicos da cidade.

O ciclo iniciase o xoves 26 de novembro co concerto de Patricia Kraus que coa idea de intercambiar propostas e apoiar aos músicos locais levará a cabo unha acción con Néstor Pardo. Oxoves 10 de decembro Marcos Meléndrez presentará o seu último traballo que el mesmo define como ‘mezcla de boleros y ritmos latinos, saldremos al escenario sin artificios en un concierto en el que estaré acompañado de Rubén Barros a la guitarra, Miguel Martínez al contrabajo y Carlos Meléndrez en la percusión’.

Néstor Pardo actuará o xoves 14 de xaneiro, data na que presentará o seu novo traballo, un disco editado integramente en castelán. ‘Con este trabajo he cambiado de estilo y no se me ocurre mejor sitio posible para presentarlo que en casa’. O xoves 18 de febreiro será a quenda da Orquesta Sonoridad, unha formación que na presentación do ciclo estivo representada por Carlos Meléndrez e que nos ofrecerá un concerto de salsa co que transportarnos ao Nova York dos sesenta e setenta. Un proxecto de músicos apaixonados pola fusión dos estilos afrocaribeños, o jazz e o swing que estarán acompañados polo grupo de baile Mambo Sins.

O grupo de pop-rock Los Árboles actuará o xoves 17 de marzo. Cunha proposta de pop clásico, foxen das estridencias e da modernidade forzada, demostrando coas súas músicas e letras que a tradición do pop español ten continuadores no século XXI. Nesta primeira edición do ciclo, que continúa aberta para que os grupos nos fagan as súas propostas, poderemos gozar tamén coa música de Julio & The Backyards, que tocarán oxoves 14 de abril. Guillermo Borrego Arias, batería do grupo, definiu o seu estilo como ‘rock suave, alternativo’, no concerto de abril presentarán o seu novo disco ademais dalgúns tema inéditos.

As entradas pódense adquirir a partir de mañá venres 2 de outubro a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s