Galería

O alcalde advirte de que os datos de transparencia que se atopou este Goberno local “están inflados” e anuncia un paquete de medidas que supoñen “un tratamento preventivo contra a corrupción”

20151002 ALCALDE- I XORNADAS OLGA CARBALLO 1

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, adiantou na mañá deste venres algunhas das medidas que o Goberno local aplica e aplicará ao longo do mandato para mellorar en materia de transparencia e na accesibilidade á información municipal, que pasan por accións como a inminente revisión dos indicadores ITA, de transparencia nos concellos, tal como anunciou durante a conferencia que pronunciou no Reitorado, na inauguración das I Xornadas “Olga Gallego” de Arquivos. “A partir da semana que vén, queremos poñer a cero o reloxo da transparencia”, avanzou, para advertir que os indicadores que se atopou o Goberno local á súa chegada, e que se publicaron na web municipal, “están inflados”. “É importante que todos e todas saibamos de onde partimos”, observou.

Ferreiro cualificou a transparencia como “unha das prioridades para este mandato” e citou entre as
accións que se desenvolven nesta liña a publicación dos contratos menores, como xa se empezou a
facer, ou, desde este mesmo mes, da axenda do rexedor e do resto do equipo de goberno, que se fará
a través dunha aplicación informática que o goberno municipal de Madrid compartirá co da Coruña, “para que ademais de públicas, as axendas sexan doadas de consultar”. Segundo avanzou Ferreiro, a ferramenta porase a disposición dos grupos da oposición unha vez estea lista.

Entre os obxectivos neste mesmo eido, o alcalde anunciou tamén a aprobación dunha ordenanza “na
que nos gobernos anteriores gastaron os cartos e puxeron pouco interese” e o compromiso de cumprir os mínimos que establece a Lei de Transparencia.

“A transparencia é a resposta ao dereito á información e unha ferramenta para mellorar a calidade da nosa democracia facilitando o escrutinio de quen nos goberna, e é tamén un tratamento preventivo contra a corrupción”, salientou na súa intervención o alcalde, quen lembrou que a transparencia está hoxe tan instalada no sentido común dominante “que mesmos aqueles que espoliaron os recursos públicos ou aqueles que se dedicaron a crear axencias de colocación para favorecer amiguetes falan de transparencia”.

Tal como sinalou o alcalde, o Goberno municipal leva traballando “desde o primeiro día” nesta liña de mellora da transparencia, que abriu coa publicación, na web municipal, das declaracións de Bens e IRPF do equipo de goberno e a proposta aos grupos da oposición a seguir esta iniciativa. “Non quixeron facelo. Intentarémolo de novo o ano que vén, e o seguinte, até que a ninguén se lle pase pola cabeza non facelo cada ano”, garantiu.

Tamén, Ferreiro falou da necesidade de mellorar a visualización dos datos para que sexan comprensibles e da importancia de “deitar luz” sobre o funcionamento ordinario da administración local, desde o seguimento do gasto ou da débeda ao consumo enerxético ou as decisións, “dar facilidades para que se faga un escrutinio da acción de goberno”, resumiu o rexedor. “Hai moita
información que a cidadanía non coñece e moita que se fai pública de maneira inadecuada”, observou, e puxo como exemplo os Orzamentos do Concello, documentos “que son públicos, pero non comprensibles ou accesibles para calquera”.

Neste sentido, plantexou o obxectivo do Goberno local de incorporar á web do Concello un plan de acción de goberno “transparente e conciso, compromisos claros e datos concretos, para que poidamos facerlle un seguimento en tempo real”, e a publicación dunha memoria ao final do mandato co grao de cumprimento dos compromisos, en congruencia coa rendición de contas ante a cidadanía que recolle o código ético da Marea Atlántica. “Cada avance en materia de transparencia
é un paso adiante na calidade da democracia e un paso atrás da corrupción. Se cambiamos os métodos, cambiamos a política, veña quen veña”, concluíu Ferreiro, quen apelou ao terreo conquistado polo 15M nesta materia.

O alcalde compartiu mesa na inauguración co presidente da Fundación Olga Gallego, Pedro López
Gómez, a presidenta de honra da entidade, Pilar Gallego, e o secretario xeral da UDC, Carlos Amoedo Souto.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s