Galería

O Concello pon en marcha a campaña CoruñaCorresponsable “para sensibilizar a ambos sexos e a todos os grupos de idade dos beneficios dunha vida en equidade”

02-10-15 CORUÑACORRESPONSABLE 1

A Concellería de Igualdade e Diversidade vén de poñer en marcha a campaña CoruñaCorresponsable que busca sensibilizar tanto a homes e mulleres como a veciños e veciñas de todas as idades da necesidade “dunha vida en equidade, que favoreza a conciliación”. “É importante que todos e todas asumamos de forma compartida as tarefas do fogar, domésticas ou aquelas que teñen que ver cos coidados de dependentes. Desde este Goberno local intentamos facelo, de feito, unha das poucas esixencias que puxen á hora de presentarme como candidato á Alcaldía foi a de poder seguir levando aos meus fillos ao colexio e índoos a recoller”, explicou o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, na presentación da campaña ante a prensa.

“Conciliar non é máis que acadar un equilibrio entre os diferentes tempos da nosa vida, que sexamos quen de xestionar para poder gozar dos diferentes ámbitos que a compoñen: o ámbito personal, o laboral e o familiar”, explicou a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, que fixo fincapé nas “dobles e triples” xornadas laborais que se vén obrigadas a facer moitas mulleres. “A nosa incorporación ao público e ao produtivo é desequilibrada con respecto ao paso dos homes ao ámbito dos coidados e do privado”, indicou.

Por iso, a Concellería de Igualdade decidiu poñer en marcha esta campaña de corresponsabilidade,
co obxectivo de sensibilizar a veciños e veciñas de todas as idades desta situación. “Educar en corresponsabilidade é fundamental para o avance e a consecución da igualdade entre homes e mulleres”, destacou Fraga, que explicou que a campaña desenvolverase en centros de estudo, cívicos e bibliotecas entre outros espazos, e terá ademais repercusión en redes sociais. A campaña terá unha duración de cinco semanas e contará con diverso material audiovisual, como o que hoxe
se presentou baixo o título, C ompartamos estratexia, fagamos equipo! ( https://www.youtube.com/watch?v=DIHVonVMcb8&feature=youtu.be )

Betty Rico, a directora do Centro de Información a Muller (CIM), da Coruña, destacou na presentación de CoruñaCorresponsable que durante o ano pasado houbo máis de 700 solicitudes de partes de atención a domicilio, “das cales só o 7,4% foron demandados por homes”. “As mulleres seguen a facerse cargo de todo este tipo de tarefas, por eso cremos que é tan importante que este tipo de campañas estean dirixidas a todos e todas”, comentou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s