Galería

Xulio Ferreiro: “A recuperación económica aínda non chega á xente, ou non se crea emprego, ou non coa calidade necesaria”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, valorou os datos de desemprego dados a coñecer nesta xornada e que revelan que o paro medrou durante o mes de setembro en toda a provincia, así como no conxunto de Galicia e do Estado español. O rexedor manifestou que “a pesar das ideas de recuperación que se repiten dende hai meses, o certo é que esta non está chegando á xente. Ou ben non se crea emprego, ou cando se crea non é coa calidade que debería ter. Dende o Goberno local levamos días insistindo nesta
mensaxe”. O alcalde apelou tamén ás grandes empresas: “Creo o martes temos na cidade un bonito foro no que repetir esta mensaxe, e que se teña en conta por parte das persoas que dende o ámbito privado tamén deseñan políticas de emprego”, comentou.

Por outro lado, Ferreiro explicou a intención do Goberno local de aprobar no Pleno do próximo luns o cambio de usos do edificio de Santa Lucía, coa fin de que se poida acometer a construción do demandado centro de saúde. “Onte mesmo houbo unha reunión coa Xunta de Galicia por este tema, dentro da comisión bilateral para avanzar no proxecto de Santa Lucía e na conversión do mercado nun edificio que teña varios usos”, subliñou. Con todo, o alcalde quixo destacar que a intención do Goberno local é que o edificio manteña o uso de mercado, ademais do que lle permitiría albergar un centro de saúde, e “algún outro, relacionado cos bens socioculturais, como pode ser un centro cívico ou unha oficina municipal”. “Esa é a idea que se trasladará ao Pleno, en ningún caso se porá en marcha ningún uso que poida afectar aos placeiros e placeiras”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s