Galería

A Torre de Hércules pecha a tempada de verán con máis de 58.000 visitas de todo o mundo

Co inicio do outono, a Torre de Hércules fai reconto dos visitantes que entre xullo e setembro se teñen achegado ao monumento coruñés incluído na Lista do Patrimonio Mundial. En total, rexistráronse 58.012 visitantes, una cifra lixeiramente superior á do ano pasado, cando houbo 57.318. Segundo se informou dende o Consorcio de Turismo, que preside Alberto Lema, concelleiro de Emprego e Economía social, o incremento ten lugar a pesares de que no mes de agosto, o de maior afluencia, as tormentas obrigaron a pechar o monumento durante tres días, unha circunstancia propia máis ben do inverno.

Do total de visitantes, o 78% procedeu do territorio español, o 16% de Europa e o 6% restante divídese entre América, Asia, África e Oceanía. En canto ás procedencias por comunidades autónomas, dentro do conxunto nacional, correspóndelle a Galicia o 21% das visitas (e delas, o 62% á Coruña e o 21% a Pontevedra), seguida por Madrid, co 16%; Cataluña, co 8,9% e CastelaLeón, co 7,6%.

Do resto de Europa, as persoas que máis visitaron a torre este ano foron italianas e francesas, cun 17%, seguidas de Portugal, cun 12%; Reino Unido, 11% e Alemaña, co aporte do 10% dos e das visitas. Cabe destacar o incremento de turistas polacos, que chegaron case a un 8,2%, co rexistro dunha media dunha visita semanal de grupos organizados procedentes deste país.

No que respecta a América, agás as persoas chegadas dos Estados Unidos, que suman o 27%, as procedencias correspóndense con aqueles países máis vencellados á emigración. Arxentina sitúase no segundo posto, co 19% e seguen México, cun 13%; Brasil, co 9,9% e Venezuela co 5,9% dos visitantes americanos. En canto ás persoas chagadas de Asia, as xaponesas supoñen o 38% e as africanas, proceden maioritariamente de Marrocos (56%) e de Sudáfrica (20%).

 

Novo horario e visitas guiadas

Coa entrada da temporada baixa, a Torre de Hércules volve ao horario de inverno, con apertura ás
10.00 horas, peche ás 18.00 horase última entrada ás 17.30 horas. Hai que lembrar que os luns a
entrada e gratuíta, como tamén o terceiro sábado de cada mes, ata xuño, inclusive. Ademais, a partires do martes 6 de outubro, ábrese a temporada de visitas guiadas, que se realizan de martes a venres ás 16.00 horas e os sábados e domingos, ás 12.00 e ás 16.00 horas. Para concertalas, é preciso reservar praza no teléfono 981 223 730. A inscrición farase por orde de chamada, ata completar o aforo de 15 persoas. Os e as interesadas deberán pagar unicamente o prezo da entrada á Torre, xa que a visita non ten custe adicional.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s