Galería

Este luns ábrese o prazo de preinscrición para os talleres infantís de robótica na Domus

O prazo de preinscrición para os talleres infantís de robótica que organiza a Domus abrirase o próximo luns, 5 de outubro. Os cursos están dirixidos a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, que poderán introducirse de forma divertida na robótica, creando e traballando en equipo. Os talleres serán impartidos por Robotix, socio certificado de Lego Education. Neles experimentarase coa forza e o movemento, o equilibrio e a estabilidade, de forma que poderán aprender ciencia e tecnoloxía de forma lúdica.

As actividades celebraránse os sábados 14, 24 e 31 de outubro, e o 21 1 28 de novembro, en dúas
quendas: de 16.00 horas a 17.30 horas e de 17.30 horas a 19.00 horas. En casa sesión haberá 20
prazas dispoñibles e cada menor tan só podera inscribirse nun turno. Os e as participantes deberán
abonar a taxa de acceso ao museo, que é dun euro, aínda que o curso de robótica non terá custo
adicional.

As preinscricións deben realizarse a través dun formulario electrónico dispoñible na dirección web
http://goo.gl/forms/SkkRmGc4yj. Na mesma, os e as solicitantes seleccionarán o día e a quenda de
interese. Só se admitirán os formularios de preinscrición que se reciban entre as 8.00 horas e as
15.00 horas do 5 de outubro. A admisión na actividade confirmarase a través dun correo electrónico
enviado desde os museos coruñeses. A praza quedará formalizada respondendo ao correo de
admisión. Para calquera dúbida, os e as solicitantes poderán ser atendidos no teléfono 981 189 840.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s