Galería

A Concellería de Medio Ambiente leva a unha decena de centros cívicos as súas actividades divulgativas ata o mes de decembro

A Concellería de Medio Ambiente desenvolve ata o mes de decembro unha trintena de actividades de educación ambiental gratuítas e abertas á cidadanía, en colaboración con unha decena de centros cívicos da cidade. Trátase de charlas e visitas guiadas nas que as persoas participantes poderán saber algo máis sobre o tratamento dos residuos que chegan á planta de Nostián, a biodiversidade do parque de Punta Herminia ou o funcionamento da estación da calidade do aire de Santa Margarita, nun programa que ten como obxectivo afondar nas diferentes temáticas do eido da sustentabilidade aplicadas á vida diaria.

Este mesmo luns, no centro cívico de Monelos, entre as 11.00 e as 12.30 horas, terá lugar unha charla sobre a calidade do aire, onde se falará de contaminación atmosférica e acústica, e sobre os principais xeradores deste tipo de contaminación e as medidas de control e redutoras que se desenvolven na cidade. Ese mesmo día, no centro cívico dos Mallos (10.30 a 11.30 horas) as persoas interesadas poderán asistir a unha charla sobre os residuos domésticos. O martes e o xoves haberá visita ao parque de Santa Margarita e a estación de calidade do aire (martes, de 10.00 a 11.30 horas desde o centro cívico de Monelos e xoves, no mesmo horario, no centro cívico de Feáns), nun percorrido a pé polo parque e ata a estación de vixilancia da calidade do aire onde se abordarán cuestións relativas á contaminacións atmosférica. A semana complétase, o mércores, nos centro cívicos de Labañou (18.00 a 19.30 horas) e Feáns (20.15 a 21.00 horas) con sendas charlas sobre a calidade do aire.

O programa, que ofrece actividades todas as semanas ata decembro, inclúe ademais visitas á planta
de tratamento de residuos de Nostián (15, 16, 20 e 27 de outubro), ao centro de adopción de animais
(4 e 13 de novembro), a punta Herminia (20 e 23 de outubro e 4 e 12 de novembro) e á planta da
Telva (27 de novembro), ademais dos percorridos por Santa Margarita e a estación de calidade do
aire (6 e 8 de outubro e 20 de novembro). As charlas que se desenvolverán nos centros cívicos
abordarán estas e outras temáticas, como o consumo responsable de enerxía, os produtos do fogar
ou o uso de envases ecolóxicos.

As persoas interesadas en calquera das actividades deben inscribirse a través do teléfono 981 903
834 ou do correo electrónico e ducacionambientalcoruna@gmail.com, ou consultar nos centros
cívicos colaboradores, como son o dos Mallos, Feáns, A Silva, Monelos, Rosales, Monte Alto,
Elviña, Labañou, Pescadores e Novoboandanza.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s