Galería

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, e a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, participan na inauguración da mostra ‘Hablar con Arte desde el Autismo’

05-10-15 SANDE-FRAGA EXPOSICIÓN

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, e a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, participaron este luns na inauguración da exposición H ablar con Arte desde el autismo , na Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga. A mostra, cuxo contido xira entorno ao retrato e poderá visitarse até o día 6 de decembro, está organizada pola Fundación María José Jove, e conta coa colaboración do Concello da Coruña.

O concelleiro Sande destacou a importancia desta exposición, así como o interese do Goberno da
Coruña por traballar desde o ámbito da transversalidade. “Neste caso, a Concellería de Culturas está
en contacto coa de Igualdade e Diversidade, así como coas entidades que fixeron posible esta mostra.  A colaboración é un eixo fundamental desta acción de Goberno, e este caso é un bo exemplo”, indicou.

Pola súa banda, a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, quixo agradecer o traballo “das familias e de todas as persoas que traballan con usuarios e usuarias con diversidade funcional”. “É unha boa oportunidade para salientar a labor daquelas persoas que actúan como coidadoras, e que na maioría dos casos son mulleres”, explicou a edil, que incidiu na necesidade de recoñecer “o traballo invisible que realizan día tras días e do que tanto aprendemos todos e todas”.

A mostra recolle os traballos de 10 usuarios e usuarias de Aspanaes, a Asociacións de Pais e Nais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista da Coruña, do centro de día de O Castelo, que participaron nos talleres organizados en outono e primavera. A exposición organízase ao redor de diferentes eixos temáticos dentro do retrato e emprega técnicas variadas como fotografía, escultura, pintura, collage e o debuxo, empregando coma fonte de inspiración a artistas como Isaac Díaz Pardo, Cristino Mallo, Eugenio Granell e Arturo Souto.

No acto de inauguración, tamén estaban presentes María José Álvarez Folgar, presidenta de
Aspanaes, e María José Jove, presidenta da Fundación María José Jove, quen agradeceu a
colaboración do Concello da Coruña para poder dotar dun espazo a esta exposición.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s