Galería

O alcalde da Coruña pide ás e aos directivos do Congreso CEDE que “recorden que a recuperación económica non pode facerse a custa de xerar desigualdades”

06-10-15 ALCALDE 2 - CONGRESO CEDE

O alcalde da Coruña participou este martes en Palexco nun acto institucional dentro do Congreso CEDE, organizado pola Confederación Española de Directivos e Executivos e que reuniu na cidade a varios dos principais empresarios e empresarias do Estado Español e de todo o mundo. O rexedor aproveitou a ocasión para solicitar ao tecido empresarial que teña en conta “a chegada dun tempo novo” e a necesidade de poñer en marcha, dende o mundo económico, políticas máis xustas, “que fagan unha
sociedade máis cohesionada e que se baseen na responsabilidade social”. “Un tempo excepcional require un cambio de paradigma. A xornada de hoxe é unha estupenda oportunidade para discutir sobre o papel que os e as directivas de empresa teñen no contexto actual, tan turbulento e complicado para a maioría social”, comentou o rexedor na súa intervención.

“Eu non son directivo nin empresario, son alcalde, e por iso teño o deber de traer a este escenario a voz de moitos veciños e veciñas da cidade, xente que non pode estar aquí hoxe pero que merecería poñer os seus valores na axenda do directivo”, explicou Ferreiro. “Poucos valores son máis importantes que á responsabilidade social. Non haberá recuperación económica, nin poderemos vivir nunha sociedade máis xusta sen non aplicamos estes conceptos”, alertou.

“Esta sociedade xa non comunga con actitudes que non teñen no social e no xusto os seus eixos, tanto no mundo político como no empresarial. No mundo económico, ás veces, tómanse decisións políticas que van en contra disto: devaluar salarios para gañar competitividade é unha decisión política, precarizar o emprego, deslocalizar a produción, facer negocio a costa do medio ambiente… Hai que rachar con isto. Nestes tempos novos, a función directiva ten que ter en conta a cohesión social, a necesidade de respectar os bens comúns, de que as persoas concilien”, dixo o alcalde coruñés. “O directivo debe medir as consecuencias que as súas decisións terán para a xente. Non é posible facer negocios nunha sociedade onde o 99% das persoas sofren. Estes asuntos requiren altura de miras, trátenos”, pediu Ferreiro.

Por outro lado, o alcalde tamén quixo destacar o papel da Coruña como “cidade empresarial a nivel internacional”. “Nomes coñecidos en todo o Estado en mesmo en todo o mundo naceron e teñen aquí o seu centro de operacións. En numerosas ocasións foron cualificadas de orgullo para coruñeses e coruñesas”, manifestou, á vez que animou a empresarios e empresarias a gozar da cidade durante as xornadas que permanezan nela.

Xulio Ferreiro ofreceu o su discurso ante un auditorio no que se atopaba o Rei Felipe VI; o presidente do CEDE, Isidre Fainé; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a ministra de Fomento, Ana Pastor, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, entre outras personalidades, ademais de destacados directivos e directivas do tecido  empresarial a nivel mundial.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s