Galería

O alcalde defende “o valor da sanidade pública e dos e das súas traballadoras” na Reunión de Coordinadores de Trasplantes

07-10-15 ALCALDE-TRASPLANTES

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou a tarde deste mércores no acto inaugural da XXX Reunión Nacional de Coordinadores de Trasplantes, que se celebrou no edificio de Palexco. Na súa intervención, o rexedor loubou o labor do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e, por extensión, de toda a sanidade pública. “Non podo resistirme a aproveitar esta oportunidade que tan amablemente me ofrecen para elevar unha encendida defensa da Sanidade Pública e dos seus traballadores e traballadoras”, dixo. “En tempos desa crise que desde algunhas instancias se quixo

descargar sobre un dos máis importantes piares do benestar común, é máis necesario que nunca reivindicar o papel básico que na cohesión dun país xoga unha sanidade pública, gratuíta e de calidade”, apuntou.

Ferreiro quixo destacar a cifra de 5.000 trasplantes que acadou o CHUAC o pasado maio. “Un número do que hai detrás non só 10.000 persoas nos últimos 34 anos, senón moitas máis se lles sumamos a doantes, familiares, amizades e persoal sanitario que participou nunha marca que nos fai sentir a todos enormemente orgullosos”, declarou.

“Cando hoxe louvamos os 5.000 trasplantes que converteron ao CHUAC nunha referencia mundial, estamos tamén recordando que o público pode prestar o mellor servizo, e que detrás do esforzo continuo de centos de persoas hai vidas e unha sociedade digna, solidaria e coidadosa ao que debemos nin queremos renunciar”, reivindicou o alcalde.

O alcalde da Coruña participou no acto de inauguración da XX Reunión Nacional de Coordinadores de Trasplantes xunto ao conselleiro de Sanidade da Xunta, Jesús Vázquez Almunia; o director nacional de Trasplantes (ONT), Rafael Matesanz Acedos; o xerente da Xestión Integrada da Coruña, Francisco J.Vilanova Fraga; o responsables da Oficina de Coordinación de Trasplantes de Galicia, Jacinto Sánchez Ibáñez e Antón Fernández García, responsable da Oficina de Coordinación de Trasplantes do CHUAC.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s