Galería

O Concello da Coruña fai cumprir a normativa vixente e “limita a utilización de herbicidas na vía pública”

A Concellería de Medio Ambiente vén de comunicar as empresas concesionarias de xardinería e limpeza que traballan na cidade a aposta do Goberno local por limitar o uso na vía pública de herbicidas, principalmente aqueles que conteñen glifosato. A titular deste departamento, María García, explica que “con esta medida o Executivo dá cumprimento á normativa vixente sobre o uso destes produtos”, recollida no Real Decreto 1311/2012.

“Isto comunicóuselle ás empresas concesionarias do mantemento de parques e xardíns e de limpeza
viaria para que non utilizasen este tipo de compostos sen ter unha autorización municipal expresa,
tal e como recolle a normativa vixente a nivel estatal”, explica García. Ademais, o departamento de
Medio Ambiente levou a cabo reunións cos representantes dos e das traballadoras destas entidades,
para explicarlles a necesidade de adoptar estas medidas.

A intención da Concellería de Medio Ambiente é lograr que A Coruña teña a consideración de “cidade libre de tóxicos”. Con ese obxectivo está a enfocar as súas políticas “cara ao fomento da biodiversidade urbana, a renaturalización e o manexo ecolóxico e sostible dos parques e zonas verdes da cidade”. Ademais, “a consecución deste obxectivo traería aparellada unha rebaixa no custe económico do mantemento destes espazos”.

A Concellería de Medio Ambiente está a elaborar unha campaña de comunicación para concienciar á poboación da necesaria retirada destas prácticas, á vez que prepara unha recompilación de alternativas ao uso destas substancias, “como pode ser o uso de auga quente, a presión, desbroce, retirada mecánica con cepellón e outras tantas”. A concelleira agradeceu ás empresas concesionarias “a súa colaboración nesta importante mellora de cara a un manexo non tóxico da vía pública” e solicitou o seu apoio “na implementación de medidas que contribúan a protexer o medio ambiente e a saúde da poboación”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s