Galería

Teatro Colón: viaxamos ao Asteroide B-612 da man da compañía Coart+e

Este sábado 10 ás 18:00 horas a compañía COART+E Producciones presenta unha versión de‘El Principito’ para toda a familia, adaptada a público infantil a obra achéganos a inesquecible novela de Antoine de Saint-Exupery. As entradas para ver a Carlos Latre o venres 9 están esgotadas, o coñecido showman presenta o espectáculo ‘15 años no es nada’.

Os actores Ada Fernández e Rafa Molina son os protagonistas de ‘El Principito’, unha viaxe que nos fala da amizade e do respecto ás diferenzas dos outros. Rosa Fernández, directora da peza, sinala que quixeron iniciar aos nenos nesta marabillosa historia a través dun conto visual e que a escolleron polos valores que transmite ‘El Principito nos habla de la infancia como un valor que jamás deberíamos perder, de la libertad del ser humano para elegir su propio camino, aún equivocándose, y de la inocencia’.

O Coro Gaos en concerto e IV edición da Mostra de Teatro Afeccionado

O luns 12 de outubro ás 20:30 horas o Coro Gaos dará un concerto no que interpretarán temas de A. Praetorius, B. Britten, A. Yagüe, M. Zumalave ou E. Whitacre, entre outros. O Coro Gaos nace en outubro de 2010 como continuación do proxecto da Orquesta Gaos, está constituído por máis de 60 voces con ampla experiencia en diferentes coros da comunidade. O seu repertorio é principalmente ‘a capella’, aínda que tamén interpretan música sinfónico-coral.

Do mércores 14 ao sábado 17 de outubro o Teatro Colón acolle a cuarta edición da Mostra de Teatro Afeccionado. Este ano está dedicada ao grupo de teatro Valacar –vinculado á ONCE-que abrirá a mostra o mércores 14 ás 20:30 horas coa obra ‘Somos tan imbéciles’. Ao remate da función terá lugar un mesa-coloquio para coñecer o traballo deste grupo que integra a persoas con discapacidades visuais.

A mostra continuará o xoves 15 con ‘La vida es sueño’ do grupo Jueves Te-Antro, o venres 16 con ‘Caso Retrete’ da Asociación Cultural e Teatral Trotaconventos. O sábado 17 o grupo Sal-Monela Teatro será o encargado de pechar esta edición coa obra ‘Tan perfecto no te quiero’. Todas as funcións da mostra son ás 20:30 horas e as entradas teñen un prezo de 5 €.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, enwww.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s