Galería

Xulio Ferreiro: “É ao Goberno local ao que lle corresponde impulsar as políticas, como está a facer coas de carácter social”

07-10-15 ALCALDE DECLARACIÓNS

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, quixo deixar patente este mércores a aposta decidida do Goberno local polas políticas sociais e de inclusión. O rexedor recordou que a cidade “tivo onte unha gran oportunidade, no marco do Congreso de Directivos CEDE, para trasladarlle ao tecido empresarial que o mundo da empresa, agora mesmo, é gobernanza, e polo tanto debe potenciar unha serie de valores, como é o caso da igualdade ou a ética”. Neste punto, o primeiro edil coruñés recordou que o actual Executivo presta especial atención ao impulso de medidas de carácter social como é
o caso da Renda Social Municipal que prepara e moitas outras medidas.

“Xustamente por iso, non é necesario que ninguén convoque unha comisión para falar de política social. Temos as nosas ideas e as nosas políticas moi claras. As comisións do Pleno serven para controlar a actividade de goberno, non para impoñer políticas ao Concello, xa que iso precisamente o fai o propio Pleno e a Xunta de Goberno”, indicou. “Se o PSOE quere impoñer as súas políticas ao resto do grupos, o que debe facer é presentarse ás próximas eleccións municipais e
gañalas. Dese modo poderá liderar políticas de todo tipo. Mentres, creo que é o Goberno local ao que lle corresponde impulsar as políticas a seguir na cidade; e ao resto de grupos colaborar, incluir determinadas cuestións e controlar a nosa labor”.

O alcalde fixo fincapé en que as mocións que se aproban en Pleno serven “para instar ao Goberno a que faga algo, pero as políticas deben ser deseñadas polo Executivo”. Á vez recordou que o Concello está a dar cumprimento “agora mesmo” a cuestións que foron aprobadas en Pleno no ano 2009, como todo o que ten que ver coa Lei de Memoria Histórica. “E todo isto hai que dicilo, sabendo que estamos de acordo con moitas das cousas que propón o PSOE na súa moción sobre políticas sociais, e tendo en conta que moitas das proposas das que fala xa están a ser impulsadas actualmente por este Goberno”, engadiu.

Precisamente, o alcalde recordou o acto que terá lugar mañá xoves, para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica, e aos acordos alcanzados polo Pleno municipal no ano 2009, polo que se procederá a denominar Prazas das Atochas a actualmente coñecida como Praza de Millán Astray. “Será un acto especialmente bonito, ao que está convidada toda a cidadanía, ademais de todo o tecido asociativo, a Corporación local de 2009 que aprobou o cambio de denominación, e a comisión de expertos que fixo o informe sobre Memoria Histórica”, comentou.

Ferreiro recordou que, de aquí a final de ano, o Concello seguirá adiante coa súa pretensión de dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica polo que, entre outras medidas, se procederá ao cambio de denominación de máis rúas. En total, e segundo o aprobado polo Pleno local en 2009, 22. “O cambio de nome producirase maioritariamente este final de ano, aínda que por motivos simbólicos, ou porque coincidan con algún aniversario, haberá algunhas inauguracións que se deixarán para o exercicio que vén”, engadiu.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s