Galería

Concello e CRMH acordan suspender o procedemento contra a administración local polo incumprimento da Lei de Memoria Histórica ante “a vontade do actual goberno”

08-10-15 ALCALDE-CRMH

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, anunciou este xoves, día no que a Praza de Millán Astray pasará a denominarse Praza das Atochas nun acto festivo ao que está chamada a participar toda a cidadanía, que a Comisión Pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) chegou a un acordo co Concello polo que ambas entidades solicitaron de forma conxunta, ante o Xulgado do ContenciosoAdministrativo
número 4 da Coruña, a retirada da demanda presentada hai anos pola asociación presidida por Fernando
Souto contra a administración local polo incumprimento da Lei de Memoria Histórica.

“A CRMH, nun acto de boa vontade e de confianza na labor deste goberno decidiu retirar a demanda”, explicou o rexedor, que insistiu en que a decisión do Concello é a de dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica. Ferreiro recordou que co acto de hoxe, na que descubrirá a placa das Praza das Atochas, o Executivo local inicia o período de cambio de nomes do rueiro que vaian en contra da normativa vixente.  “A Concellería de Culturas e a Comisión Pola Recuperación da Memoria Histórica están traballando de forma conxunta para marcar unha folla de ruta que garanta o cumprimento da lei”, explicou, para engadir que, “de momento, o que se abordará até final de ano serán os cambios no rueiro que xa foron aprobados en Pleno no ano 2009, se ben poderá deixarse algún descubrimento de placa para o ano que vén, atendendo sobre todo a motivos simbólicos”.

O resto de actuacións, que non foron aprobadas polo Pleno do ano 2009, e que teñen que ver co cumprimento da Lei de Memoria Histórica e coa reposición ás vítimas do franquismo, serán analizadas polo miúdo “buscando sempre o máximo consenso”. O alcalde tamén indicou que, tanto no caso da Praza das Atochas, como nos futuros cambios no rueiro por cuestións que atinxen á Memoria Histórica, o Concello buscará xerar “os menores prexuízos posibles á veciñanza”, polo que durante un período de transición, debaixo da nova placa, se manterá unha máis pequena, “onde se indique o nome anterior da praza e se especifique que foi mudada de denominación en cumprimento da lei”.

O presidente da CRMH, Fernando Souto, tamén presente na rolda de prensa na que o alcalde fixo este anuncio, manifestou que “o de hoxe é un día de festa, non para unha asociación en concreto, senón para todo o pobo da Coruña”. “A mudanza de placas no rueiro tamén debe servir para mudar conceptos a favor da convivencia. Neste tema non debe haber bandos, só o das persoas que queren vivir en paz”, indicou.

Por outro lado, Ferreiro quixo recoñecer o traballo de todas aquelas persoas que traballaron para garantir o cumprimento da normativa, como a comisión de expertos do Concello da Coruña que analizaron a aplicación da Lei da Memoria, algúns de cuxos membros estarán presentes no acto de hoxe, e volveu a convidar a toda a cidadanía a que participen esta tarde no descubrimento da placa da Praza das Atochas. O evento comezará ás 19.00 horas e que estará amenizado pola Banda Municipal de Música. Ademais da intervención do propio rexedor da Coruña e do conselleiro de Culturas, José Manuel Sande, está previsto que tomen a palabra Manuel Monge, membro da comisión de expertos que analizou o cumprimento da Lei de Memoria Histórica, e Mariquiña Villaverde, filla do secretario da confederación galega da CNT entre 1931 e 1933 e memoria viva da represión e a dignidade do pobo
coruñés. Ao acto, ademais de toda a cidadanía e diversas entidades en defensa da Memoria Histórica, está convidada toda a Corporación Municipal, tendo polo momento confirmada asistencia os grupos municipais de PSOE e BNG.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s