Galería

Coruña10 celebra o domingo a súa novena edición cun trazado que percorrerá o Paseo Marítimo

20151008 JOSÉ MANUEL SANDE- CORUÑA 10 1

A decana das carreiras populares da cidade, Coruña10, volve ás rúas coruñesas. Este domingo terá lugar a novena edición da recoñecida competición, na que 3619 atletas percorrerán un trazado deseñado, nesta ocasión, polo Paseo Marítimo. O concelleiro de Deportes, José Manuel Sande, presentou esta mañá a proba no Pazo de María Pita xunto a representantes da Federación Galega de Atletismo, e agradeceu a colaboración dos equipos de pedestres da cidade así como das traballadoras e traballadores do Servizo Municipal de Deportes, “imprescindibles para a celebración das carreiras, tanto sexan vinculadas o Concello como de ámbito privado nas que o Concello ten unha intervención loxística e humana”. O concelleiro lembrou que Coruña10, a primeira das Carreiras Populares da cidade, “forma parte dunha tríade con Coruña21 e Coruña42”.

O circuíto urbano, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, ten un perfil practicamente chairo e terá a súa saída en Riazor. As e os atletas populares percorrerán, desde as 10.30 horas da mañá, 10.000 metros polo Paseo Marítimo da enseada do Orzán, achegándose dun extremo a outro nas rotondas do Millenium e Torre de Hércules. A proba, de carácter estatal e de “gran prestixio”, como afirmou o presidente da Federación galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, contará coa participación da Campioa de España nos 10 quilómetros, Paula González. En Coruña10 tamén estarán presentes fondistas galegas como Solange Pereira, a actual campioa de España dos 1.500 metros; Yolanda Gutiérrez, antiga Campiona de Maratón; ou Eva Arias. Na categoría masculina, Alejandro Fernández, Manuel Hurtado ou Lolo Penas, o actual campión da Maratón Atlántica celebrada no mes de abril, tamén participarán nunha carreira que, segundo Hornillos, “contribuirá a afianzar os hábitos saudables da poboación”.

Das 3619 inscricións nesta IX Carreira Popular Coruña10, 2894 son de pago na categoría absoluta,
fronte as 3963 de pago da pasada edición. O Concello obtivo este ano, coas inscricións das carreiras, unha recadación de 28.940€, incrementando así os ingresos en 9.125€ máis respecto ao ano 2014 (19.815€). A proba será máis económica para as arcas públicas.

 

Caixóns e horarios de saída

A proba máis popular do trazado coruñés comezará ás 10.30 horas da mañá e, como vén sendo habitual na súa celebración, contará con seis caixóns de saída en función dos tempos das e dos corredores, que a súa vez corresponderanse co mesmo número de cores dor dorsais, favorecendo que tanto atletas federados coma populares poidan traballar as súas marcas e correr a competición en boas condicións.

Así, segundo as marcas, establecerase un primeiro caixón, de cor branca, para os corredores da categoría masculina que percorren os 10 quilómetros nun tempo inferior aos 35 minutos, e da categoría feminina en menos de 40 minutos. O segundo caixón, de cor laranxa, será para os atletas que o seu tempo nos 10.000 metros sexa entre os 35 e 40 minutos, e as atletas entre 40 e 45 minutos.  Sucesivamente, caixóns de cor amarela, rosa e laranxa agruparán ás e aos deportistas
segundo as súas marcas até chegar ao derradeiro caixón, o verde, destinado a todas aquelas
corredoras e corredores que superen os 55 minutos, no caso masculino, e unha hora, no caso
feminino, en percorrer a distancia.

As categorías das e dos menores, que nesta ocasión contarán con 725 deportistas, tomarán a súa saída ao finalizar o peche de carreira da absoluta, ás 12.00 da mañá. Comezarán a categoría xuvenil (deportistas dos anos 1998 e 1999) cun percorrido de 2600 metros. Ás 12.15 h, a categoría cadete fará o propio seguindo o mesmo trazado. A continuación terán lugar as saídas das categorías infantís, (12.30 h feminina, 12.40 h masculina), cun traxecto de 1600 metros, e as categorías alevíns (12.50 h feminina, 12.55 h masculina) e benxamíns (13.00 h feminina, 13.05 h masculina), que
percorrerán nunha soa volta de 800 metros a súa particular Coruña10.

 

Desenvolvemento da carreira e servizos

A saída será ás 10.30 horas da mañá na Avenida Da Habana. O percorrido da carreira continuará
por Manuel Murguía e o Paseo de Ronda até a avenida de San Roque de Afora e o Millenium. Na volta, as e os atletas correrán até a Rotonda da Torre de Hércules, onde ao rodeala, emprenderán o camiño dos últimos quilómetros até o Pazo de Deportes de Riazor, onde estará situada a meta. No desenvolvemento da carreira, establecerase un punto de avituallamento no quilómetro 6, á altura do
antigo cárcere, para favorecer a hidratación das e dos atletas. Tamén ao seu paso pola meta poderán
recoller o avituallamento líquido e sólido proporcionado polos patrocinadores.

As e os atletas contarán cun servizo para gardar a roupa no Pazo de Deportes de Riazor, desde as 9.00 horas até as 13.30 horas, onde tamén estará instalado o servizo de duchas desde as 11.00 até as 14.00 horas. Ademais de persoal sanitario e de seguridade, a Concellería de Deportes contará cun servizo de fisioterapia para todas as e os atletas que o precisen no desenvolvemento da Coruña 10.

Polo peche das rúas para a celebración da carreira, a concellería de Mobilidade recomenda ás e aos
participantes da Coruña10 que empreguen os aparcadoiros do Paseo Marítimo situados na zona do
obelisco Millenium.

 

Retirada dos dorsais

Os dorsais estarán deseñados coa cor corresponde ao seu caixón. Ademais, os dorsais dos atletas
masculinos contarán con números de cor negra e os das atletas femininas os números serán vermellos. Todos os dorsais, que contarán cun código QR que informará ao finalizar do tempo realizado na carreira, poderán recollerse o venres, día 9, e o sábado, día 10. Xunto ao mesmo, entregarase o chip e a camiseta conmemorativa da carreira na segunda planta de El Corte Inglés de Marineda City desde mañá, de 17 a 21.30 horas e o sábado desde as 10.00 horas até as 21.30 horas.

De xeito extraordinario, e para todas as e os atletas residentes fóra da cidade, facilitarase a recollida
dos dorsais o mesmo día da carreira, o domingo 11 de outubro, de 8.30 horas a 9.30 horas, na zona da saída da proba popular. As e os atletas das categorías inferiores a entrega realizarase tamén o domingo día 11 até unha hora antes da saída de cada unha das categorías.

 

Premios

A entrega de premios das distintas categorías comezará ao finalizar as probas das categorías das e dos menores. As primeiras persoas clasificadas na carreira Coruña10 obterán premios en metálico, e aquelas que batan o récord da proba tanto na categoría masculina (28:09) como na feminina (31:40) obterán un premio de 1.000 euros. O regulamento así como todos os servizos que ofrece Coruña10 poderán atoparse na web municipal http://www.coruna.es/carreraspopulares.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Deportes

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s