Galería

Xulio Ferreiro agradece o interese do PP polo cumprimento do seu programa en cuestións como o aforro do custo do goberno, moito máis económico que no mandato anterior

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, defendeu unha vez máis as medidas de aforro do custo do goberno local que ten tomado o executivo que encabeza e lembrou que estas supuxeron unha importante rebaixa respecto ao goberno anterior do Partido Popular. “Agradecemos que o PP se preocupe tanto polo cumprimento do noso programa, malia que resulta unha mágoa que non estiveran tan pendentes de cumprir co seu durante o mandato anterior, posto que quedou sen executar en enorme medida, tal e como sentenzaron coruñeses e coruñesas nas últimas eleccións”, indicou.

“O goberno actual é moito máis económico que o anterior, tal e como nos comprometimos. Baixamos dun xeito relevante os soldos do alcalde e dos concelleiros e concelleiras e tamén temos menos directores de área, catro na actualidade, que por certo en distintos casos cobrarán exactamente o soldo que lles puxo o PP, e supoñen cinco menos dos que había antes da entrada do novo executivo; polo que o aforro nese campo é de máis da metade respecto ao mandato anterior”, sinalou Ferreiro, que tamén lamentou “que o PP utilice para remover os seus baixos instintos políticos a funcionarios competentes que traballaron co seu goberno” e recordou que “a contratación de xefes de servizo procedentes doutras áreas foi unha constante no tempo no que Carlos Negreira ocupou a alcaldía”.

Así mesmo, o alcalde da Coruña resaltou o feito de que o actual goberno “conta con menos persoal eventual que o do PP, persoas que ademais reciben unhas retribucións máis baixas que tamén axudan ao aforro para as arcas municipais”. “Paréceme grotesco que aqueles que, segundo documentos xudiciais, converteron o Concello nunha axenda de colocación de amigos pretendan agora impartir clases de transparencia e decencia política”, rematou.  O soldo máximo deste persoal co PP chegaba a 56.000 euros brutos anuais, polos 35.000 na actualidade.

Por último, o goberno local nega que vaia nomear director de área para Medio Ambiente, tal e como se ten publicado.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s