Galería

Xulio Ferreiro, no descubrimento da placa da Praza das Atochas: “Hoxe comezamos a devolver parte da débeda pendente coa nosa Memoria”

08-10-15 ATOCHAS 2

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, procedeu esta tarde ao descubrimento da placa da Praza das Atochas, que substitúe a anterior denominación, Plaza da Millán Astray, en virtude do cumprimento da Lei de Memoria Histórica e do acordo ao que chegou o Pleno Municipal do Concello da Coruña en 2009. Nun evento festivo e cargado de emoción ao que acudiron preto de 500 persoas, o rexedor estivo
acompañado por concelleiros e concelleiras do Goberno local, así como membros da Corporación agás
o grupo municipal do PP e antigos edís que no seu momento aprobaron o cambio de denominación do rueiro. Tamén asistiron ao acto representantes de diversas asociacións que traballan en defensa da Memoria Histórica e membros da comisión de expertos do Concello que analizaron hai seis anos como facer efectivo o cumprimento da lei que agora puxo en marcha o actual goberno.

“Hoxe temos o privilexio de iniciar, co cambio de nome desta praza, a devolver en parte a débeda pendente coa nosa memoria. Comezamos, e seguiremos nos vindeiros meses, a cumprir coa Lei de Memoria Histórica, a cumprir co que a maioría das forzas políticas acordaron no pleno do Concello hai xa seis anos, a cumprir co que a sociedade civil da Coruña, que nunca esqueceu, leva construíndo moitos anos”, manifestou o alcalde. O primeiro edil da cidade tamén quixo agradecer no acto de descubrimento da placa da Praza das Atochas, que estivo amenizado pola Banda Municipal da Coruña, a todos os homes e mulleres que loitaron polos dereitos e as liberdades.

“Aínda que a xente da Coruña quixo que fose eu quen estivese aquí, que fósemos nós quen hoxe representásemos aquí ao Concello, o  traballo é doutras moitas persoas, entidades e organizacións. Entre todas, quero agradecer especialmente á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, ao Ateneo Republicano, á memoria libertaria deste barrio, ás xentes da cultura que mantiveron aceso o recordo e ás organizacións políticas que apoiaron en 2009 a restauración da memoria histórica “.

Ademais do alcalde, no acto de inauguración da nova Praza das Atochas tamén tomou a palabra o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, quen avanzou que este acto é o primeiro doutros moitos que conformarán a denominada ‘Primavera da Memoria’. “Estamos nun outono que é primavera porque nos permite a substitución de símbolos e rúas que representan outro tempo, porque podemos comezar a recoñecer as vítimas dunha guerra onde, por máis que moitas veces se diga o contrario, si que houbo gañadores, uns gañadores que quixeron borrar e calar a aqueles que perderon”.

Manuel Monge, que formou parte da comisión de expertos do Concello da Coruña que se encargaron de analizar a correcta aplicación da Lei da Memoria Histórica agradeceu ao actual Goberno municipal que dese cumprimento ao acordo plenario ao que se chegou hai seis anos. “O que hoxe ocorre aquí é moito máis que a inaguración dunha praza, estamos a cumprir coa Lei de Memoria Histórica, dun acordo que se executa moitos anos despois de que se acordase en Pleno, e polo que moitos e moitas persoas levamos anos traballando. Anos traballando para que A Coruña deixe de ser a capital da simboloxía franquista”, explicou.

No acto de descubrimento da placa da Praza das Atochas tamén estivo presente Mariquiña
Villaverde, memoria viva da represión e a dignidade do pobo coruñés. Filla de José Villaverde, secretario xeral en Galicia da CNT durante 1931 e 1933 e asasinado aos primeiros meses do levantamento militar, agradeceu a todos os presentes o acto, e a restitución da memoria das vítimas.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s