Galería

A Concellería de Xustiza Social puxo en marcha unha ducia de programas educativos para este curso 2015/2016

A Concellería de Xustiza Social e Coidados, que ten asignada a competencia en materia de Educación, xa ten en marcha unha ducia de programas para este curso 2015/2016, dirixidos a alumnos e alumnas de todos os niveis formativos, e que se suman á programación doutras áreas municipais como a de deportes, cultura, igualdade e diversidade ou medio ambiente, tamén en funcionamento. O pasado 1 de outubro comezou nas escolas infantís e Primaria o programa Tardes Coruña, que inclúe actividades de ocio educativo, deporte no centro e natación escolar para alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria. Tamén desde este mes, e durante todo o curso, está en funcionamento Coruña Comunica, un programa dirixido a alumnado a partir de 5º de Primaria que se estende á Educación para Adultos e Educación Especial, e onde se levará a
cabo un obradoiro de comunicación multimedia e a actividade Radio en Valor.

Hai unha semana, o día 5, deron comezo algunhas das actividades de Coruña Linguas, dirixidas, segundo a súa modalidade, a rapazas e rapaces de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de grao medio e superior. Nelas se inclúen obradoiros de linguas estranxeiras para secundaria, L isten and Speak para o alumnado de Primaria e accións de innovación e dinamización lingüística que abranguen un obradoiro de iniciación á curtametraxe en galego, un certame de monólogo cómico en galego ou un festival de curtametraxes, que terá lugar no segundo trimestre de
curso.

En xaneiro de 2016 dará comezo a primeira actividade do programa Coruña de Aventura, dirixido a nenos e nenas de Infantil, Primaria, Secundaria e Educación Especial, e que inclúe visitas escolares, itinerarios e, xa en abril, rutas urbanas animadas.

Entre marzo e maio celebrarase o XXVII Certame de Teatro Escolar, dentro do programa Coruña a Escena e tamén ese mes comezarán as primeiras fases do XIV Rebumbio Matemático, que se inscribe en Coruña Matemática, e que está dirixido ao alumnado de 6º de Primaria dos centros docentes de Galicia. Neste mesmo eido terá lugar, en maio, a XIII Feira Matemática, na que poderá participar estudantes desde Infantil até universitarios.

Desde a Concellería de Xustiza Social e Coidados tamén se está a traballar na organización das XXI Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional, que se celebrarán a final de curso e, así mesmo, estase a avanzar nas actividades do programa Coruña Diversidade, que incluirán un obradoiro para nenos e nenas con autismo, ‘O teatro das emocións’, outro obradoiro para alumnado diagnosticado con TDAH e o Proxecto QVO, un obradoiro para escolares de 3º a 6º de Primaria (e a posibilidade de ampliar, en función das prazas, ata 2º de ESO) con altas capacidades cuxa concreción está pendente da sinatura dun convenio coa Universidade de Santiago e que dará comezo en 2016.

Tamén o programa Educa Saúde está xa en marcha, en fase de deseño das actividades cos centros que foron seleccionados. En canto ao programa Coruña no Mundo, que inclúe as Bolsas USA para rapazas e rapaces que cursen este ano 1º de Bacharelato, está en trámite para abrir o prazo de inscrición, e o mesmo o programa de bolsas Europa do Proxecto Acore, das que se benefician alumnos e alumnas matriculadas en ciclos de grao medio de centros públicos e concertados do Concello que sexan socios do programa e alumnado que obteña o título técnico medio en determinadas familias profesionais neste curso ou o pasado. A oferta complétase con servizos como o Programa Madrugadores, o concurso literario de Relato Curto e poesía ‘Rita Suárez Amado’ ou a acción educativa de primeiros auxilios nos centros.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s