Galería

O Centro Municipal de Información Xuvenil busca correspondentes nos centros educativos

O Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), pertencente á Concellería de Participación e Innovación Democrática, pon en marcha o Programa de Acción Voluntaria “Antenas de Información Xuvenil”. As AIX son unha rede de difusión de
información de temática xuvenil, artellada polo CMIX, que se desenvolve en centros educativos públicos e de réxime especial (IES, CIFP, Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música) e concertados coa etapa de secundaria da cidade. Cada AIX funciona como un servizo móbil de información dependente do CMIX, pero xestionado polo alumnado matriculado nos centros onde se desenvolve o programa até
un máximo de tres persoas en cada equipo.

O proxecto está dirixido a persoas entre 15 e 30 anos de idade dispostas a difundir e manter actualizada a información nas AIX. As e os correspondentes obterán entradas a eventos organizados polo Concello da Coruña e recibirán gratuítamente o Carné Xove, o Carné de Alberguista e o Carné Internacional de Estudante, ademais de ter preferencia nalgúns dos programas realizados pola Dirección Xeral de Xuventude. O alumnado interesado en ser correspondente das AIX para o curso 20152016 poderá presentar a súa solicitude até o 28 de outubro. Toda a información sobre o programa poderase obter no Centro Municipal de Información Xuvenil situado no Fórum Metropolitano, chamando ao 981184294, ou
na páxina web http://www.coruna.es/cmix .

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s