Galería

O Concello estuda levar á Fabrica de Tabacos servizos municipais que dean apoio aos futuros usos xudiciais do edificio

20151013 ALCALDE- FÁBRICA DE TABACOS 1

 

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visitou na mañá deste martes, xunto a representantes da Xunta e do ámbito da Xustiza, as obras de rehabilitación do edificio da antiga Fábrica de Tabacos, que pasará a ser sede xudicial para dar acollida á Audiencia Provincial, a Fiscalía coruñesa e os xulgados de Menores e Vixilancia Penitenciaria, entre outros servizos. “Estamos satisfeitos porque un edificio emblemático da Coruña, como é a Fábrica de Tabacos, volve ser recuperado para un uso público”, salientou o rexedor, quen avanzou que o Concello está a estudar o uso que dará ao espazo que o convenio de cesión do inmoble reserva a usos a decidir pola Xunta e o Goberno municipal. “Estamos barallando ideas, incluso usos que sexan compatibles co xudicial ou que apoien ao xudicial, pero requiren falalo con outras administracións”, adiantou Ferreiro, quen destacou ademais que a reforma dará solución aos problemas de espazo que sofren os órganos xudiciais da cidade e deixa aberta a posibilidade e ampliar o seu número no futuro.

No percorrido estiveron presentes, entre outros, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, que subliñou que a obra “asegura a cobertura máis que suficiente de toda a infraestrutura xudicial na cidade da Coruña de presente e en futuro” e remarcou a importancia de que se cumpran os prazos fixados.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s