Galería

O Goberno local consegue o apoio necesario para sacar adiante o modificativo de crédito no próximo Pleno extraordinario

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, anunciou este martes que o Goberno local “está en condición de desbloquear o modificativo de crédito”, necesario para poder facer fronte ás facturas impagadas deixadas polo anterior Executivo do PP. “A nosa intención é aprobar o documento nun pleno extraordinario que convocaremos para a próxima semana”, explicou o rexedor, que indicou que, previsiblemente, darase luz verde á proposta de modificativo que xa se tiña pactada con anterioridade co PSOE.

“As pegas que había no seu momento por parte dos socialistas xa non existen, e todo indica que, no Pleno da próxima semana, o modificativo será aprobado cos votos do grupo de Goberno e os do PSOE”, explicou o alcalde ante os medios. O primeiro edil coruñés aclarou tamén que o Executivo local chegou tamén a entendemento co BNG. “Acordamos que o
Bloque vai dar a este Goberno un voto de confianza, condicionado, iso si, a un compromiso claro deste goberno municipal de dotar dos fondos necesarios, por vías alternativas, as políticas de igualdade”, dixo o alcalde que, non obstante, recordou que estas xa eran unha prioridade do actual Executivo municipal.

Por outro lado, Ferreiro tamén anunciou que ao Pleno extraordinario da próxima semana “levarase tamén a composición do Tribunal Económico Administrativo Municipal (TEAM) tras ter consensuado un acordo co PSOE e co PP. “Este non é o acordo que desexaría este Goberno municipal, xa que pretendemos que o TEAM teña un carácter máis independente e non un mero de reparto de postos entre grupos municipais. Non puido ser. A urxencia do acordo foi decisiva, xa que é necesario ter en marcha este tribunal, composto por tres persoas, para sacar adiante as novas ordenanzas fiscais. Iso foi o que nos motivou para asumir o pacto e, por tanto, as propostas de PSOE e PP. Tivemos que asumilas por responsabilidade e urxencia”, comentou o alcalde, que avanzou que a proposta do grupo de Goberno será a de manter ao actual presidente do
TEAM, Fernando Seoane.

Noutra orde de cousas, o alcalde, acompañado da concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, confirmou que a empresa Setex Aparki formalizará mañá no Concello a recepción do contrato para facerse cargo do servizo da ORA, o que se hará efectivo o próximo venres. “A nova concesionaria irá implantando pouco a pouco todas as novidades que ofreceu na súa proposta, aínda que negociaremos os tempos con ela esta mesma semana”, indicou Ferreiro.

Por outro lado, o alcalde quixo mandar unha mensaxe de solidariedade a Nicanor Acosta, activista coruñés que hoxe afrontou unha vista xudicial dentro do proceso contencioso aberto contra el pola oposición a un lanzamento en febreiro de 2013. “Estamos ante un xuízo a unha persoa comprometida contra os desafiuzamentos, algo que tamén é prioritario dende o primeiro día para este Goberno e tema no que tamén temos logrado avances”, explicou.

“A loita contra os desafiuzamentos é unha prioridade para este Concello, cousa que non se podía dicir até agora. A semana pasada ditouse unha ordenanza para o acollemento de familias en situación de emerxencia social, froito da cal se realoxaron xa dúas familias”, recordou. “O protocolo que no seu momento formou á Xunta de Galicia cos xulgados non funciona correctamente. Agora mesmo, estamos en conversas co xuíz decano para poder levar a cabo un seguimento dese protocolo, para que cando existan causas de emerxencia social derivadas dun desafiuzamento, se dea conta inmediatamente aos servizos sociais do Concello para que se poidan poñer a traballar de forma inmediata”, comentou. “Por todo isto hoxe, especialmente, mandamos todo o noso apoio e somos solidarios con Nicanor Acosta, todo un referente para moitos de nós”, concluíu.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s