Galería

O Goberno local traslada a oposición a súa proposta de ordenanzas fiscais, “que busca unha distribución máis xusta da carga tributaria entre Concello, familia e empresa”

13-10-15 FERREIRO-VIEITO

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Facenda e Administración, Eugenia Vieito, presentaron este martes ante a prensa as liñas básicas da proxecto de modificación das ordenanzas fiscais que ten en marcha o Goberno local. Así, o rexedor avanzou que as propostas do Executivo “acaban de ser remitidas aos grupos que conforman a oposición”, abrindose desta forma xa o debate orzamentario. “Tendo en conta a marxe de manobra que dá a normativa actual, introducimos unha serie de propostas que pretenden unha distribución máis xusta da carga tributaria entre o concello, e as familias e empresas. Sempre dixemos que era importante que, sobre todo nestes momentos, aqueles que máis teñen arrimasen o ombro e axudasen. Por iso introducimos criterios de equidade, xustiza social, progresividade e sostenibilidade ambiental,
incrementamos as bonificacións até os máximos legais para persoas e familias con menores niveis de renda, e potenciamos medidas de estímulo para a actividade económica e o emprego”, explicou o rexedor.

Tanto o alcalde como a concelleira Vieito explicaron polo miúdo as propostas de mellora das ordenanzas fiscais que propón o Goberno local é que “entre outros aspectos, se basean fundamentalmente na redución global da presión fiscal, por exemplo na taxa da auga, onde se baixará a cota fíxa, o mínimo,en algo máis dun euro”. Ademais, introduciranse medidas de progresividade, “aplicando a grandes consumidores un pequeno recargo e introducindo diversas bonificacións en razón de renda”. (Máis información no documento adxunto).

Modificar o IBI aplicable ao porto comercial, igualándoo ao resto dos bens inmobles de características especiais existentes na cidade exceptuando deste incremento a lonxa e as actividades pesqueiras que así o solicitenou incrementar o Imposto de Bens Inmobles para as vivendas baleiras, suxeito ás modificacións normativas que deben adoptar a Xunta de Galicia e o Estado, son outras das propostas tocadas polo Goberno local. “A nosa intención é que este incremento afecte ás vivendas e aos bancos da Sareb, pero o certo é que precisamos un desenvolvemento normativo da administración autonómica e a estatal, ás que convidamos a facer os deberes”, apuntou Ferreiro.

“As principais novidades en canto á modificación das ordenanzas fiscais teñen que ver co impostos sobre os bens inmobles, a taxa de auga, construccións, instalacións e obras e a ordenanza xeral de recadación”, resumiu Vieito, quen manifestou que moitos destes axustes son “de redistribución”. “Principalmente o que queremos, ademais de introducir pequenas rebaixas, é unha redistribución máis adecuada da carga tributaria. No caso da auga, en concreto, queremos volver a situación anterior, anterior á última suba que introduxo o PP no 2013”, explicou.

A pretensión do Goberno é reducir o primeiro tramo da cota fixa, de 5,75 a 4,07 euros, ademais de introducir un novo tramo para grandes consumidores e poñer en marcha medidas de carácter social, como que os beneficiarios da RISGA non paguen por este servizo, ou que as persoas con renda igual ou inferior ao IPREM teñán unha reducción de até o 75% (do 50%
para aquelas con renda neta igual ou inferior a 1,5 veces o IPREM).

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s