Galería

A Coruña recibe, de novo, a homologación como destino Europe Senior Tourism, que busca atraer á cidade visitantes de máis de 55 anos

A Coruña recibiu, de novo, a homologación por parte da Secretaría de Estado de Turismo como destino do Europe Senior Tourism, programa dirixido a cidadáns e cidadás de toda Europa de máis de 55 anos e que busca achegar a estes visitantes a destinos do Estado español durante os meses de tempada media e baixa.

Ademais de seleccionar os diferentes destinos en todo o Estado, para levar a cabo este programa tamén se require a homologación de comercializadores, os encargados de ofertar os paquetes vacacionais. Nesta edición, autorizouse a vender baixo a marca Europe Senior Tourism a catro empresas procedentes de España (Turismo Vivencial, Euroseniors, Serhs Tourism e Sueste Incoming), ademais dunha grega (Travel Factory) e outra da República Checa (Delfin Travel). Estas
empresas traballarán en 24 países da Unión Europea de forma coordinada cos destinos homologados, como é o caso da Coruña.

Por esta razón, o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña participa nunha reunión de traballo cos comercializadores turísticos mañá xoves, 15 de Outubro, en Madrid, “co obxectivo de presentar a oferta turística da cidade e pechar acordo de promoción con estes axentes”. Dentro deste programa, a pasada tempada visitaron A Coruña turistas procedentes da República Checa, que se aloxaron na cidade durante tres noites, realizaron visitas guiadas e utilizaron o cartón Coruña Card para coñecer a oferta cultural da cidade.

O Europe Senior Tourism funciona dende o ano 2009. Trátase dun programa de viaxes en grupo que inclúe voos, traslados, aloxamento en réxime de media pensión, experiencias, guía e seguro de viaxe. Para a homologación, os destinos seleccionados deben cumprir diferentes requisitos, entre os cales se inclúe o feito de ser zonas de marcada estacionalidade, ter unha capacidade hostaleira de 3 e 4 estrelas e contar cunha variada e dispoñible oferta complementaria.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s