Galería

A sétima edición do ciclo Poetas Di(n)Versos levará ao Ágora a poetas “do máis alto nivel” desde o próximo día 26

20151014 JOSÉ MANUEL SANDE- YOLANDA CASTAÑO- POETAS  DI(N)VERSOS 1

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou na mañá deste mércores as citas de outono da sétima tempada do ciclo Poetas Di(n)Versos acompañado da directora da actividade, a escritora e dinamizadora cultural Yolanda Castaño, que conducirá no centro Ágora desde o próximo día 26 (20.30 horas) as lecturas poéticas dos e das autoras, que se fan no idioma orixinal e con tradución ao galego. “Trátase dunha das poucas actividades vinculadas ao idioma galego que existían na etapa anterior”, salientou o responsable municipal, quen subliñou o “arraigo” dunha cita que desde o seu inicio leva traído a máis de oitenta poetas estatais, galegos e internacionais á cidade.

Dúas voces “exiliadas”, como as denominou a coordinadora, en persa e en galego, inauguran o luns 26 de outubro a presente edición: a iraniana Sholeh Wolpé nada en Teherán pero residente hoxe nos Ánxeles (California)e Vicente Araguas, natural de XuviaNeda e cabeza visible da literatura e a crítica literaria galegas exercidas desde Madrid. Unha semana máis tarde, o 2 de novembro, será quenda para dúas das máis importantes plumas da poesía galega e polaca respectivamente: Salvador GarcíaBodaño e Adam Zagajewski. Membro da Xeración das Festas Minervais, o veterano poeta
de Compostela fará dúo cun dos poetas considerados de maior relevo e significación no panorama actual a nivel global. Finalmente, o 14 de decembro reunirá un dos nomes saídos do Batallón Literario da Costa da Morte, Miro Villar, canda a gran dama da poesía de Romanía, Ana Blandiana.

Como expuxo Yolanda Castaño, seis novos autores “do máis alto nivel” uniranse así aos máis de oitenta poetas que xa teñen pasado por un ciclo do que a súa directora destacou que é “unha maneira de poñer en valor todo o que se escribe no noso país e abrir os ollos cara a todo o que se está producindo a nivel mundial, unidos dun pequeno fío condutor”. “Unhas ocasións para non perder”, considerou Castaño, quen lembrou que durante os encontros poéticos haberá a posibilidade de adquirir os volumes dos e das convidadas (e conseguir as súas sinaturas) da man de librerías de barrio da cidade que se achegarán ao Ágora.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s