Galería

Xiao Varela destaca “a boa acollida” entre veciñanza e colectivos sociais do proxecto do Concello de humanización da Avenida da Vedra

14-10-15 XIAO VARELA- A VEDRA

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, reuniuse este mércores con máis dunha decena de asociacións relacionadas co medio ambiente, a seguridade vial e, especialmente, coa contorna da Avenida da Vedra, para expoñerlles os plans do Goberno local con respecto ao proxecto de ampliación e humanización de toda a zona. Segundo manifestou o edil, a xuntanza, á que acudiron tanto cooperativistas do Ofimático, como representantes de asociacións veciñais de Os Anxos (Birloque), Barrio das Flores, Elviña Segunda Fase, ElviñaCastro, Monelos, membros da Fundación Juana de Vega, Stop Accidentes, o colectivo Hábitat e a Universidade da Coruña, foi cordial e nela, a gran maioría dos participantes amosáronse de acordo “cunha proposta alternativa para Alfonso Molina á que presentou o Ministerio de Fomento”. Igualmente, os voceiros destes colectivos tamén saudaron a intención do Executivo municipal de que “o proxecto de humanización conte coa maior participación posible da cidadanía”.

“Queremos tempo para poder debater como os veciños e veciñas queren que sexa esta parte da Coruña, que debe ser entendida como un barrio máis da cidade, dentro dela, non como unha autopista”, insistiu Varela, que recordou que, coa posta en marcha de novas infraestruturas, o volume de tráfico da Avenida da Vedra non só se rebaixou, senón que seguirá diminuíndo. “A afluencia de vehículos xa minguou coa posta en funcionamento da Terceira Ronda, e supoñemos que seguirá con esa tendencia coa próxima posta en marcha do Vial 18, que conectará precisamente a saída da AP9
coa Terceira Ronda”, expuxo o concelleiro. “Ademais, hai que salientar a aposta decidida deste Goberno local por un plan de mobilidade ambicioso, que contempla a construción da estación intermodal, así como pola potenciación do transporte público urbano e metropolitano. Todo isto non fará máis que contribuír a desconxestión da Vedra”, afondou. “Do que se trata aquí non é de darlle máis metros aos coches, senón de reducir o número de vehículos”, engadiu.

A de hoxe non foi a primeira toma de contacto da Concellería de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda cos veciños da zona, na busca de entablar un proceso participativo con respecto a “humanización” da Vedra. De feito, moitos dos representantes das asociacións e colectivos que este mércores pasaron polo Pazo de María Pita, xa se reuniron hai escasas semanas con Varela e co propio alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, que sobre o terreo lles explicaron as liñas básicas do
proxecto do Goberno local, alternativo ao do Ministerio de Fomento.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s