Galería

O Concello xa ten preparada a Renda Social Municipal, que dará cobertura a persoas en situación de vulnerabilidade social

O Concello da Coruña xa ten lista a Renda Social Municipal, a axuda que servirá para cubrir as necesidades básicas das persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade social e que non teñen dereito a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA). Trátase dunha axuda periódica que estará vinculada ao establecemento de itinerarios de inclusión activa da persoa beneficiaria, co obxectivo “de lograr a súa mellora persoal e social e a da súa unidade de convivencia, e tamén a mellora da súa autonomía, participación e integración normalizada”. “O Goberno local cumpre cun punto fundamental do noso programa, articulando medidas e recursos novos desde o ámbito municipal ante as urxencias que aínda non solucionaron outras políticas públicas”, salienta a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, quen avanza que o documento, que será presentado de forma pública a principios da próxima semana, se lle trasladará ao resto de grupos municipais, cos que se dialogará antes do seu traslado ao Pleno. “As políticas sociais son a prioridade deste Goberno e así o demostramos con este borrador de Ordenanza, en cuxa elaboración contouse coa colaboración das traballadoras sociais do Concello”, engade a responsable municipal.

A Renda Social vai dirixida a persoas en situación de vulnerabilidade social e ten como obxectivo a cobertura das necesidades básicas (alimentación ou vestiario) e de aloxamento (hipoteca ou alugueiro dentro do Concello da Coruña). Poderán acceder a esta axuda municipal aquelas persoas empadroadas na cidade que, nesta situación, non perciban a RISGA ou á prestación autonómica ou outras de natureza similar que a substitúan. Os e as beneficiarias deberán ter cumpridos os 18 anos, aínda que tamén poderán beneficiarse desta renda menores de idade que teñan ao seu cargo a outras
persoas menores ou maiores con discapacidade ou cualificación de dependentes. Tamén poden ser beneficiarias as persoas menores que sexan orfas de pai e nai e non teñan dereito a prestación.

As e os aspirantes a recibir esta renda non poderán estar en situación de poder pedir unha pensión non contributiva de xubilación. Tampouco poderán solicitala as unidades de convivencia cunha capacidade económica superior ao 200% do IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples), que é o índice de referencia para a asignación de axudas e subsidios en función dos ingresos. Do mesmo xeito, para poder optar á este novo subsidio é necesario figurar no padrón do
Concello, e ter, como mínimo, unha antigüidade nel de seis meses. Non obstante, a Renda Social Municipal inclúe unha serie de excepcións neste apartado. Así, non terán que cumprir este requisito as vítimas de violencia de xénero, as personas emigrantes galegas, nos termos sinalados no artigo número 3 do Estatuto de Autonomía de Galicia, e ás persoas que teñan recoñecida a condición de refuxiada. Por outro lado, os e as beneficiarias, comprometeranse a participar no itinerario de
inclusión activa deseñado pola traballadora social.

Á hora de determinar a contía da nova renda social teranse en conta os ingresos, de calquera natureza e procedencia, da persoa solicitante e tamén das persoas da unidade de convivencia da que esta forme parte. O montante máximo da axuda será do 100% do IPREM para as unidades de convivencia constituídas por un único membro, contía que se aumentará en 20 puntos porcentuais por cada membro convivinte adicional, até o límite do 200% do IPREM. Os pagos faranse por
transferencia bancaria.

Desde a Concellería de Xustiza Social e Coidados indícase que os servizos sociais municipais orientarán e informarán ás persoas interesadas en todo o referente aos trámites e documentación de solicitude. A resolución deberá notificarse no prazo máximo de dous meses desde a solicitude. A Ordenanza Municipal entrará en vigor aos 15 días da publicación no BOP do acordo plenario de aprobación definitiva.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s