Galería

Xulio Ferreiro tratou con membros do Parlamento Europeo cuestións como a situación de Alcoa ou a Ría do Burgo

151015 Xulio Ferreiro con Pablo Bustinduy e Tania González

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse este xoves en Bruxelas con representantes de Alternativa Galega de Esquerdas en Europa (AGEe), EQUO e Podemos no Parlamento Europeo para abordar con eles diversos temas que revisten especial interese para a cidade que se debaten en Bruxelas, e que teñen que ver, entre outras cuestións, con temas de enerxía, medio ambiente ou economía, como é o caso da situación da planta da Alcoa ou da rexeneración da Ría do Burgo. En concreto, o rexedor mantivo encontros, “moi frutíferos e cordiais”, coa eurodeputada de AGEe Lidia Senra; o membro de EQUO no Parlamento Europeo, Florent Marcellesi; o secretario de Relacións Internacionais de Podemos, Pablo Bustinduy, e Tania González, parlamentaria europea da mesma formación.

Ferreiro viaxou a Bruxelas para participar na reunión do Pacto Europeo dos Alcaldes e as Alcaldesas por unha Enerxía Sostible e contra o Cambio Climático, pero aproveitou a visita para dialogar con diferentes parlamentarias e representantes políticos temas “cruciais para a cidade que se debaten en Bruxelas. “O Concello tece alianzas para que a voz da nosa cidade estea presente tamén no Europarlamento. Moitas das cuestións importantes do municipio tamén alcanzan a
Bruxelas, e por iso precisamos ter fío directo”, apuntou Ferreiro, que destacou a “especial produtividade” da xuntanza que mantivo coa deputada galega en Bruxelas Lidia Senra.

Ademais de temas fundamentais e dentro da axenda do Goberno local, como o caso do futuro da planta de Alcoa na Coruña, ou o proceso de dragado e rexeneración da Ría do Burgo, Ferreiro tamén abordou outros temas relacionados coa enerxía e a pesca, ademais de valorar asuntos tales como a débeda da Autoridade Portuaria ou a procura da rendabilidade do Porto Exterior de Punta Langosteira.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s