Galería

Alberto Lema: “Traballamos para conseguir os mellores destinos para Alvedro racionalizando o investimento”

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Aberto Lema, salientou na mañá deste venres a “boa progresión” do aeroporto de Alvedro, que ronda no que vai de ano os 760.000 pasaxeiros e pasaxeiras, e avanzou o compromiso do Goberno municipal de seguir traballando para “conseguir os mellores destinos co menor investimento”. “A xente sabe que é necesario racionalizar os investimentos e traballar pola coordinación”, subliñou o responsable municipal, que expuxo as liñas nas que traballa o Goberno local neste eido, e que pasan por conseguir “un mapa de rutas que sexa útil, que traia pasaxeiros á cidade”. “Alvedro ten unha porcentaxe de viaxeiros de perfil comercial dun 50%, que vén definido pola importancia deste sector na cidade, e debería estar conectado por destinos das mesmas características”, concretou,
para lembrar que A Coruña non ten un perfil estacional “senón que atrae viaxeiros todo o ano”.

Neste sentido, o concelleiro, nun programa radiofónico, avanzou a intención de aumentar a conexión de Alvedro con Barcelona cunha nova frecuencia e seguir mantendo as altas frecuencias con destinos como Madrid, unha ruta que ten na Coruña a primeira conexión da mañá de Galicia e que é, segundo salientou Lema, “é unha das de maior ocupación”. Outro dos enlaces que se reforzarán é o de Valencia, que comeza este mes, mentres que se manterán as rutas con Sevilla e as
estacionais coas illas Canarias e Baleares, que teñen unha alta ocupación en verán. En canto aos voos internacionais, Lema destacou a ruta con Heathrow, “que nos conecta cunha morea de rutas”, e apostou por ampliar os destinos “intentando un custo cero”.

O concelleiro avogou tamén pola coordinación dos aeroportos galegos: “Nós imos pelexar polo noso pero non podemos obviar que temos outro aeroporto a 60 quilómetros, media hora en coche”. “Os baixos instintos localistas son moi rendibles, pero estamos nun momento que esixe máis madurez política, hai que explorar esa coordinación, aínda que mantendo esa competencia lexítima”, estima o responsable municipal, quen puxo como exemplo a ruta que A Coruña e Santiago comparten con Bilbao e que, como sinalou, ten unha ocupación relativamente baixa en ambos casos. “Aí si debería haber unha certa racionalización”, exemplificou. “Tentamos evitar as competencias e canibalismos absurdos que só benefician a terceiros”, estima Lema, quen adiantou que o Goberno local comezará a abordar tamén cuestións como a conexións como a comunicación por bus cos aeroportos ou a intermodalidade, “asuntos cada vez máis aplicables”.

En canto aos convenios coas compañías aéreas, o concelleiro de Emprego e Economía Social avoga por un modelo “que debería ir cara á súa revisión, para racionalizar o gasto, intentando unha mellor relación entre inversión e retorno, entre euros e pasaxeiros”. “É necesario seguir promocionando A Coruña e Alvedro como destino atractivo e iso tamén se demostra con boas conexións, aínda que o marco cara ao que movernos debería establecer as axudas conforme a rendibilidade das rutas”, sostivo o concelleiro, quen precisou que, aínda que os esforzos deberían ir para as rutas con ocupacións máis baixas e as contías deberíanse minorar conforme estas se vaian asentando, existen destinos dos que “cómpre asegurar a súa continuidade pola súa importancia estratéxica”.

A este respecto, o responsable municipal lembrou tamén que nos primeiros meses do novo Goberno municipal conseguiuse rebaixar medio millón de euros o custo dos convenios coas compañías aéreas “sen perder unha soa ruta nin unha frecuencia”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s