Galería

Daniel Hernández levará mañá ao Teatro Rosalía Castro “Persona”, a súa nova creación

O Teatro Rosalía Castro acollerá mañá, ás 20.30 horas, un novo espectáculo do seu programa estable nas artes do movemento, TRC Danza. O creador e intérprete alicantino Daniel Hernández presentará, a través da súa compañía Spin Off Danza, a súa nova creación, “Persona”. O espectáculo amósanos a viaxe interior dun individuo en constante deriva, unha metáfora que se traslada á escena nunha mistura de linguaxes entre o vídeo e a danza.

O artista participou onte nun encontro na Casa Museo Casares Quiroga dentro das actividades que desenvolve o ciclo de danza no seu Proxecto de Programación Expandida que, como vén sendo habitual, realiza unha serie de encontros e prácticas gratuítas arredor do universo da obra para achegar a danza á cidadanía. Nesta ocasión, ademais da xuntanza, o espazo expositivo da rúa Panaderas acolleu a video instalación “Persona (en minúsculas)”, xerada a raíz da colaboración
entre o artista visual Gastón Gabriel e Daniel Hernández.

As entradas para a peza escénica “Persona” poden adquirirse por 10 euros na sede de Afundación (luns a sábado, de 9 a 21 horas) e mañá, no día da función, no mesmo Teatro Rosalía de 12 a 14 horas e de 18 a 20 horas. Tamén a través dos servizos de televenda, o teléfono 902504500 e www.ataquilla.com. As persoas desempregadas, de máis de 65 anos ou con carné xove terán un 20% de desconto na entrada.
1

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s