Galería

Dúas novas sentenzas do TSXG obrigan ao Concello a modificar o PXOM

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de emitir esta mesma semana catro novas sentenzas que responden a recursos presentados contra o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobado en 2013. En dous dos casos, os ditames obrigarán ao Concello a modificar o planeamento urbanístico, xa que estiman as alegacións dos recorrentes unha entidade promotora e unha familiaque, nos dous casos, pedían que se anulase a clasificación do solo en litixio para pasar a consideralo solo urbano consolidado. Así ocorre na resolución relativa á categorización duns terreos de 16.425 metros cadrados en Oza, que o PXOM en vigor clasificaba como equipamento público (sanitarioeducativo) e ao que lle atribuía categoría de solo urbano non consolidado. O Alto Tribunal Galego estima os argumentos da promotora e ordea a súa consideración como solo urbano consolidado, que é a cualificación que tiña ese espazo no documento de aprobación inicial do Plan Xeral do 2013, pero que foi modificada polo anterior Goberno municipal durante a tramitación do documento ata a súa aprobación definitiva.

Aínda que o cambio de clasificación imposto pola sentenza non afectará ao destino de equipamento da parcela, si vai ter impacto significativo en relación ao custo que suporá obter o terreo, xa que o cambio de categoría (de non consolidado a consolidado) implica tamén un incremento da súa valoración. O sistema de obtención de solo que prevé o PXOM é a expropiación e, segundo recolle o Estudo Económico, é a Xunta quen ten que asumir o 100% dese custo.

En canto á segunda sentenza, estima o recurso interposto por unha familia contra a categorización urbanística de dúas parcelas que dan fronte á Rúa Obradoiro, en Feáns. O PXOM aprobado pola anterior Corporación municipal considerou eses terreos como solo urbano non consolidado, unha clasificación que anula o TSXG para cualificalas como solo consolidado, debido á súa situación fáctica (de servizos e integración na malla urbana). Como no caso anterior, a resolución da Sala do Contencioso Administrativo pon de manifesto o cambio no Plan Xeral que sufriu a cualificación dos terreos desde a aprobación inicial do documento, no ano 2009, até a aprobación definitiva no 2013, xa que no inicial unha das parcelas tiña consideración de solo consolidado.

A estes dous ditames únense outros dous, tamén relativos ao PXOM, nos que o TSXG desestima as alegacións dos recorrentes. Un deles refírese ao recurso interposto pola asociación veciñal Pena Moa de Bens en relación á afectación de servidumes da Refinería sobre un sector de solo urbanizable, que condiciona o desenvolvemento urbanístico dese sector, tanto polas servidumes de instalación da Refinería como polo Plan Especial de Emerxencia Exterior da mesma e o documento de análise cuantitativa de riscos. A sentenza estima “axustados a dereito” eses condicionantes e rexeita tamén as pretensións da asociación veciñal en canto á imposibilidade de obter terreos dotacionais ao considerar, en concordancia co informe municipal emitido ao respecto, que a afectación e condicionantes derivados da Refinería non impiden a obtención de terreos dotacionais.

A última das resolucións ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza desestima o recurso contra a ordenación urbanística da área de planeamento específico Parque da Agra interposto por unha entidade mercantil, que alegaba “trato discriminatorio” ao entender que a ordenación aprobada a prexudicaba en favor doutra promotora, que era beneficiada con maior aproveitamento. A este respecto, o Tribunal sinala na súa resolución que “non se acredita, fóra da consideración particular do recorrente, que este fin público non sexa o que se persegue co novo plan e non se aporta proba algunha con relación ás súas alegacións sobre o intento de beneficiar a unha determinada entidade privada en prexuízo da demandante”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s