Galería

Xulio Ferreiro destaca o papel das mulleres, “que loitan sempre por duplicado”, na presentación do libro ‘Lo dieron todo. Las luchas de Marinaleda’

16-10-15 FOTOS MARINALEDA

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou a tarde deste venres na presentación da obra L o dieron todo. La luchas de Marinaleda , escrita pola autora de orixe arxentino Susana Falcón. No acto, que se celebrou na sede da Fundación ONCE, e foi presentado por Tensi Álvarez, membro do Foro Cívico, tamén interviu o xornalista e escritor Manuel Rivas. O rexedor coruñés aproveitou para destacar o papel da muller “en momentos de dignidade emancipadora”. “As imaxes das que fala este libro resúltannos cercanas, non só porque Marinaleda sempre foi unha referencia para calquera persoa cun pouso de rebeldía dentro, senón pola temática concreta que aborda: o papel das mulleres”, dixo o primeiro edil coruñés.

Ferreiro destacou a figura da muller, así como a súa dignidade en moitos momentos cruciais da vida das persoas e dos pobos. “Iso que tiveron as de Andalucía alá, e que aquí, por exemplo, tiveron a pocos quilómetros a s das Encrobas, ou nesta mesma cidade as cigarreiras da Fábrica de Tabacos. E non falo só de pasado, nas loitas actuais aí está sempre a muller, as
mulleres, case sempre combatindo ao cadrado, por duplicado”. “Homes e mulleres foron pezas decisivas en Marinaleda, pero elas, ao volver do Humoso, tiñan que lavar a roupa e preparar a comida para esa noite e o día seguinte”, dixo, citando unha pasaxe do libro.

Por outro lado, o alcalde coruñés tamén fixo unha mención especial á figura do alcalde de Marinaleda, Juan Manuel Sánchez Gordillo, “ese compañeiro infatigable que soñou e gañou, e que aí segue, facendo utopía e cambiando o mundo desde un concello, desde ese universal municipalismo do ben común no que tamén outros e outras coas nosas diferencias e así mesmo coas nosas mans como única armaintentamos
darlle a volta ás inxustizas”. “Teñen os concellos pouco espazo de xestión, pero aínda así podemos facer moito. Marinaleda é
proba disto. A Coruña está en camiño”, rematou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s