Galería

O xurado dos premios Prismas da Casa das Ciencias recoñece a labor dos e das profesionais que divulgan a cultura científica

A XXVIII edición dos premios Prismas Casa das Ciencias á divulgación xa ten gañadores e gañadoras. O xurado fallou a mañá deste sábado os traballos galardoados, que van dende íideos virais na rede até programas de radio. Esta iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses busca “potenciar a difusión da cultura científica en todo o Estado, e apoiar
aos e ás profesionais que traballan neste campo”.

Desta forma, un video sobre a investigación do cancro, o Alzheimer e a diabetes que se fixo voral na rede, unha web referencia do xornalismo científico en España, un artigo que transmite a idea de que a ciencia en continua revisión e rectifica de acordo cos resultados de novos estudios, un libro que aborda os mitos da alimentación desde a óptica científica e un traballo de radio sobre como se traballa no acelerador de partículas máis grande do mundo foron os traballos galardoados cos Primas de Bronce nesta vixésimo oitava edición. O Prisma Especial do Xurado foi para o xornalista Ignacio Fernández Bayo, “pola súa destacada traxectoria de máis de tres décadas adicadas á comunicación da ciencia”. A entrega dos premios terá lugar nunha gala que se celebrará o próximo 14 de Novembro. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, destacou que os premios Prismas coinciden plenamente coa idea do Concello da Coruña “de dar proxección, divulgación e difusión constante dos traballos”.

A continuación, damos conta dos galardoados nesta XXVIII edición dos premios Prismas Casa das
Ciencias:

• Mellor traballo en vídeo: “Científicos del IRB Barcelona bailan por la investigación en cáncer,
Alzheimer y diabetes”, presentado por Institut de Recerca Biomèdica de Barcelona.

• Mellor sitio web: Materia, dirixido por Patricia Fernández de Lis

• Mellor libro editado: “Comer sin miedo”, orixinal de José Miguel Mulet, e editado por Editorial
Destino.

• Mellor artigo xornalístico: “¿En que quedamos: es bueno o malo? Cuando lo malo se convierte en
bueno”, orixinal de Pablo Linde e publicado no suplemento Buenavida de El País

• Mellor traballo en radio: “¿Que se cuece en el acelerador de partículas más grande del mundo?”,
emitido no programa Ciencia al cubo, de América Valenzuela Alonso.

• Prisma Especial do Xurado: Ignacio Fernández Bayo

Ademais, outorgouse unha mención honorífica na modalidade de artigos xornalísticos ao titulado “Selección Española de Ciencia”, escrito por Marta García e publicado na revista Quo. O xurado dos Prismas estivo presidido pola directora da Fundación Museo da Ciencia de Valladolid, Inés Rodríguez Hidalgo. Ademais, estivo composto por: Pilar López García Gallo, directora de comunicación e programas públicos do Museo Nacional de Ciencias Naturales; Pablo Jáuregui Narváez, redactor xefe de ciencia de El Mundo; Patricia Rey Pérez, directora de organización e innovación do INIBIC; Óscar Menéndez Lidón, comunicador científico e Manuel Vicente García, director e presentador do programa Efervesciencia. O xefe de servizo dos Museos Científicos Coruñeses, Ángel Loureiro, actuou como secretario.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s