Galería

Silvia Cameán: “O anterior Goberno local non traballou para atallar as situacións de emerxencia social que hai na cidade”

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, destacou, nunha entrevista concedida a Radio Coruña que o texto da Renda Social Municipal que o Goberno local pretende poñer en marcha para dar cobertura ás persoas en situación de emerxencia foi conformado “de xeito totalmente colaborativo, de abaixo a arriba e coa participación de todas as persoas do Concello”, especialmente os e as traballadoras sociais. É por iso, que a edil destacou a importancia de poder ter máis empregados e empregadas municipais para atender ás necesidades desta parte da poboación. Necesidades que, na súa opinión, “non foron correctamente atendidas” durante a anterior etapa municipal.

“Elaborado xa o texto da Renda Social Municipal, a semana que vén presentarémolo máis polo miúdo e trasladarémosllo aos grupos da oposición, cos que iniciaremos un proceso de diálogo para chegar a un consenso. Posteriormente, levarémolo a Pleno, coa intención de poder poñer en marcha este subsidio o ano que vén”, comentou Cameán, que recordou que o Goberno municipal reservará nos orzamentos de 2016 unha partida de tres millóns de euros para esta medida. “A Renda Social Municipal é un compromiso deste Goberno; entendemos que farán falla máis traballadoras e traballadores sociais para poder xestionar estas novas axudas, debido a carga administrativa que xeran”, engadiu a edil. “Cremos que é posible poder aumentar a plantilla de empregados e empregadas sociais, xa que a taxa de reposición se modificou e o ano que vén non estaremos suxeitos a esa lei do PP. Será só cuestión de vontade, e de conseguir o apoio dos grupos da oposición, que entendo que teremos, xa que supoño que comprenden que as políticas sociais deben ser unha prioridade”, indicou.

Así, Cameán comentou que, na actualidade, existen listas de espera de solicitantes de axudas sociais. “Na anterior etapa de Goberno local, esta situación, a das listas de espera de demandantes de políticas sociais, non se intentaba atallar. Nós comezamos a traballar neste tema de inmediato, fixemos un repaso dos casos que están aínda esperando resposta para atender canto antes aos casos máis urxentes”, comentou a concelleira, para exemplificar a necesidade de máis traballadores e traballadoras sociais no municipio.

A concelleira explicou que o actual Goberno local solicitou un informe económico para avaliar o custe que tería para o Concello poñer en marcha unha renda deste tipo e o número de persoas que se poderían beneficiar desta axuda, “unha prestación económica periódica para aqueles cidadáns e cidadás que non teñan acceso á Renda de Integración Social de Galicia (de carácter autonómico) e ás prestacións básicas”. “O ano pasado, unhas 800 persoas na cidade solicitaron a Risga, das que aproximadamente a metade non resultaron beneficiarias delas”, indicou.

Ante a demanda dunha parte da veciñanza de máis prestacións de carácter social, Cameán explicou a necesidade de “descentralizar estes servizos”. “É fundamental, deben estar ao alcance de todos e todas, no ámbito xeográfico máis cercano, por iso é importante volver a encher os centros cívicos de contido social, xa que nestes momentos están infrautilizados”, opinou. “Isto non é algo que se vaia facer efectivo dun día para outro, pero irémolo conseguindo progresivamente”, apuntou.

Durante a entrevista radiofónica, a concelleira de Xustiza Social recordou que as contías da Renda Social Municipal variarán en función dos membros da unidade de convivencia. “Cando se trate dun único membro, o máximo que poderá recibir será o 100% do IPREM (índice empregado no Estado español como referencia para a concesión de prestacións), que se irá incrementado en 20 puntos porcentuais en función de cada convivinte adicional, atá o 200% do IPREM”, dixo. “Por exemplo, a esta renda podería acceder unha persoa que viva sola e que, mensualmente, ingrese 400 euros. Entendemos que eses cartos non son suficientes para poder vivir coas necesidades básicas cubertas, así que lle dariamos un complemento até chegar ao 100% do IPREM”, explicou.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s