Galería

A concelleira de Xustiza Social recorda “o compromiso e o deber da administración pública de acatar a cumprir as sentenzas xudiciais”

A Concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, aclarou este domingo que o cesamento no seu posto do Técnico Superior de Servizos Sociais do Concello da Coruña, D. Pedro Rial de Río, foi debido á obrigada execución dunha dunha senteza firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), ao estimarse un recurso do sindicato CIG en contra do nomeamento interino desta persoa, acordado polo goberno anterior no 2013.

A edil recorda “o compromiso e o deber que as administracións públicas teñen de acollerse á legalidade, e por suposto, dar cumprimento as sentenzas xudiciais ao respecto”. O sindicato CIG interpuxo un recurso contencioso contra a resolución do anterior goberno municipal Concello da Coruña, de nomeamento de D. Pedro Rial del Rio como técnico superior de Servizos Sociais. A sentenza do TSXG (que data do 17 de xuño deste ano) estima “o recurso da CIG contra a sentenza 151/2014 do 27 de Outubro ditada polo Xulgado do ContenciosoA dministrativo número 2 da Coruña, revocando a mesma, e estimando o recurso interposto contra o acordo do 26 de febreiro de 2014, polo que se desestimou o recurso de reposición contra o nomeamento interino desta persoa, anulando o mesmo por resultar contrario a dereito”. A resolución é definitiva e contra dela “non cabe recurso ordinario algún”.

Na mencionada sentenza o TSXG entende que o nomeamento de D. Pedro Del Rio polo anterior goberno foi contrario á normativa de selección de funcionarios interinos, xa que non se axustuou ao que era procedente, a bolsa de emprego dunhas oposicións do 2010, en contra do elixido polo goberno anterior (a dun proceso de selección do 2008). O cese de dita persona en nada afecta á continuidade das actuacións e plans municipais en trámite para dar solución aos asentamentos precarios da cidade.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s