Galería

O concelleiro de Mobilidade Sostible avanza nunha “profunda análise do transporte urbano na cidade para abordar a súa renovación”

O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, manifestou este domingo, nunha entrevista en R adio Coruña que o Goberno local da Coruña e, en concreto, o seu departamento, está levando a cabo unha “profunda análise do transporte urbano na cidade” para, de cara ao ano que vén, acometer unha serie de políticas de reforma e renovación. Segundo manifestou o edil, a intención do Concello é potenciar o transporte público “de cara a desconxestionar a cidade de vehículos”. “Hai que cautivar o usuario de automóvil, que se dea conta de que o transporte urbano o adelanta, que funciona correctamente, que acurta tempos”, indicou o concelleiro, que manifestou que sobre a mesa “se estudan xa diversas propostas”. “É importante tamén fomentar o transporte metropolitano de penetración na cidade, xa que na actualidade, se ben o custo destes desprazamentos se rebaixou, o intercambio de transporte metropolitano a urbano
segue a ser complicado”, explicou.

Con respecto ao servizo da ORA, que dende esta semana pasou a ser xa xestionado pola nova concesionaria, Setex Aparki, Díaz Grandío desbotou a posibilidade de que este cambio traia aparellada unha suba de tarifas. “A previsión non pasa para nada por aumentar o seu custe, o que si faremos será readaptar a ordenanza en vigor deste servizo de acordo aos novos criterios de concesión”, explicou.

Por outro lado, o responsable do departamento de Mobilidade Sostible recordou que o Concello, neste momento, está xa a “revisar e auditar os termos do contrato coa Compañía de Tranvías”. “A concesión deste servizo está adxudicada até 2024, o que estamos a facer neste momento cremos que é algo perfectamente normal, como analizar en que condicións está o contrato e como se están cumprindo os termos da concesión”, subliñou.

En canto ao proxecto do Goberno local de ampliación e humanización da Avenida da Vedra, que conta xa co apoio de varios colectivos e asociacións veciñais da cidade e é alternativo ao proposto polo Ministerio de Fomento, Grandío destacou a necesidade de “suturar a fenda que supón Alfonso Molina”. “Temos que romper coa idea de que A Vedra está colapsada, o que está colapsado é a cidade debido ao número de vehículos”, indicou, para defender a necesidade de dotar a esa zona
dun novo plantexamento, que faga posible “que se integre no resto do concello”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s