Galería

Chega ao Teatro Colón ‘Me llamo Suleimán’

Suleiman17

O vindeiro venres 23 de outubro chega ao Teatro Colón ‘Me llamo Suleimán’. O espectáculo producido por unahoramenos fala da inmigración e está recomendado por Amnistía Internacional e La Red Española de Teatros. Poderá verse nunha única función o venres 23 ás 20:30 horas.

Me llamo Suleimán’ é a adaptación teatral da novela homónima de Antonio Lozano, narra a odisea dun neno que farto da terrible situación de pobreza que vive no seu país, Malí, decide marchar xunto ao seu amigo Musa á próspera Europa. Interpretada pola actriz Marta Viera e baixo a dirección de Mario Vega a obra incide na importancia que os problemas de migración e asilo acadaron nas últimas décadas e reflexiona sobre os conflitos que a discriminación, a xenofobia e o racismo crean nas comunidades.

A proposta é unha ferramenta fundamental para conseguir que o público comprenda ás motivacións dos inmigrantes a través da identificación emocional. Suleimán non é unha suma de datos nin de imaxes impactantes, é un drama humano que expón no corazón do espectador a primeira e máis importante peza para achegarnos ao seu universo: a percepción dos seus anhelos e ambicións como iguais aos nosos.

Entradas esgotadas para ‘Amigos ata a morte’ e ‘Youplanet’

As entradas para ver o sábado 24 a obra ‘Amigos ata a morte’ con Xosé A. Touriñán, Ledicia Sola e David Amor están esgotadas. A montaxe, dirixida por Javier Veiga, narra a historia de tres amigos que verán como a súa amizade cambia radicalmente tras un acontecemento inesperado que deixará patas arriba a vida dos dous protagonistas.

O domingo 25 os youtubers Wismichu e Auronplay presentan ‘Youplanet’, as entradas están esgotadas para as tres funcións previstas: a das 12:00, a das 17:30 e a das 19:30 horas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s